4 de ago. de 2017

PONTEVEDRA

UN LÁSER MÓBIL ESCANEARÁ OS 1.700 QUILÓMETROS DE ESTRADAS PROVINCIAIS   

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez anunciou hoxe que a Deputación recibiucinco ofertas para realizar o novo catálogo da rede provincial   

O inventario ten un orzamento de máis de 217.000 euros e estará finalizado en 2018  

Estrada EP-2204 Sabarís-Belesar (Baiona)
Fotos: D.P.

Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra vén de recibir cinco ofertas de empresas interesadas en realizar o novo catálogo-inventario da rede de estradas de titularidade provincial. Segundo explicou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, o orzamento de licitación para este novo rexistro é de 217.195 euros, e permitirá obter imaxes en 360º de todos os elementos das estradas de titularidade provincial e os das súas marxes en tempo real, así como incorporar un software para traballar con datos de accidentalidade, de tráfico e auscultación que permitirán unha xestión das máis eficiente, ademais da posibilidade de xerar búsquedas ou informes por items.  

Estrada EP-9405 San Martiño-Armenteira-Busto (Meis)

 O vindeiro mércores 9 de agosto está previsto abrir os sobres coas ofertas técnicas presentadas por Ingeniería Insitu, Cotesa, Relieve MDC, AMAC Europa, S.L. eApplus Control, que deberán ser valoradas pola equipa do departamento de Mobilidade. O deputado de Mobilidade explicou que a Deputación pretende actualizar o inventario xa que o actual data de 2004 e está totalmente desactualizado tanto dende o punto de vista da información que manexa como dende a utilización das novas tecnoloxías. A intención é adxudicar os traballos no outono para poñer en marcha a aplicación doce meses despois, prazo necesario para realizar a implantación do novo catálogo. “Trátase dunha ferramenta complementaria ao labor dos técnicos, e tamén moi importante para realizar todas as labores de conservación e mantemento necesarias”, subliñou Benítez.  

 Nas prescripcións técnicas do contrato establécese que deberá haber unha recollida de datos en campo con captura de imaxes dixitais, así como un levantamento topográfico mediante escaneado con láser móbil sobre vehículo dos 1.700 quilómetros de viario provincial. Este levantamento, que servirá de base cartográfica, poderá ser utilizado,incluso, para a elaboración de futuros proxectos de mellora das estradas. 

 Entre os elementos inventariados incluiranse as características do contorno das vías provinciais (tipo de terreo, de pavimento, desmontes e noiros, cunetas, beirarrúas, beiravías, elementos de borde, medianas, accesos,…), xeométricas (radios de curvatura, rasantes, número de carrís, plataformas, peraltes,…); equipamentos (sinalización horizontal e vertical, balizamento e seguranza viaria, zonas de servizo, descanso, estacionamento e recreo,…) ou puntos singulares e incidencias (marcos, túneles, pasos superiores e inferiores, pasos a nivel, travesías e variantes de poboación ou enlaces e interseccións), entre outros.  

 Mediante a ferramenta informática, o usuario poderá situarse en calquera punto de calquera tramo e percorrer cada estrada provincial visualizándoa mediante un simulador de vídeo cun paso mínimo de 10 metros. A aplicación deberá conter e xestionar de xeito sincronizado un visor panorámico tipo StreetView no que se poidan ver 360º as fotografías inventariadas, un visor panorámico 3D no que se poida visualizar a nube de puntos do levantamento topográfico, e un visor en planta 2D cos elementos inventariados e a cartografía asociada de xeito similar a Google Maps. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario