XIV EDICIÓN GASTRONÓMICA DE CARNE DE POLDRO
Domingo día 20 de agosto de 2017, a partir das 12:00 h.
Infogauda / Torroña
O domingo día 20 de agosto de 2017, no lugar de Torroña, na parroquia de Burgueira (Oia), celebrarase a XIV edición gastronómica da carne de poldro.
No evento - organizado pola Asociación Virxe do Rosario, de Torroña, coa colaboura da Deputación de Pontevedra - veciños e visitantes poderán degustar carne de poldro criado na Serra da Groba, carne de tenreira asada, callos, empanadas, orella, e varias sobremesas a prezos populares.
Da preparación desas viandas ocuparase o veterano cociñeiro Manuel Alonso Lea e seu equipo, o cal é toda unha garantía de que o éxito está garantido.
Como ven sendo costume, haberá unha carpa no torreiro de Torroña.
A XIV edición gastronómica da carne de poldro será amenizada pola Charanga Va k Pinta.
Dese xeito tódalas persoas que o desexen, poden achegarse a Torroña e disfrutar de unha celebración gastronómica que xa é unha cita ineludible no calendario festivo na nosa Comunidade, na que se exalta un producto - a carne de poldro -, que ademais de moi saborosa tamén é moi sana, polo que é moi apta para todos, mesmo para o consumo infantil.
Compre salientar que a carne de poldro presenta unhas cualidades moi interesantes: é moi tenra, fácil de dixerir, ten un alto contido en ferro, menor contido en grasa, maior riqueza en glucóxeno e valor proteico,...
E se ademais lle engadimos que a preparan con patacas do país, chícharos, zenoria e pemento morrón, a carne de poldro é un producto gastronómico óptimo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario