29 de ago. de 2017

MOVEMENTOS SOCIAIS

TRIBUNA ABERTA

NA GUARDA NACE REPUBLICANOS MIÑOTOS 


Alfonso Rodríguez Solano * / A Guarda

 Nacemos co ánimo de desenvolver e influír, na Sociedade Guardesa, unha cultura republicana, entendida esta como forma variable de ordenar os poderes do estado fronte á monarquía. Valores republicanos baseados na liberdade, igualdade e fraternidade. 

 Os republicanos miñotos chegamos á conclusión de que despois de máis de 40 anos de democracia, pouco desenrolo e influencia tivo na nosa sociedade estes valores, ao contrario, pensamos que se retrocedeu na cultura dos devanditos valores.   

 En Liberdades, coa aprobación da lei Mordaza, insinuacións do goberno actual de modificar a lei de folga, etc., 

 Aspiramos á superación do actual estado aconfesional por unha sociedade laica, mediante a separación dos poderes igrexa/estado. 

 Igualdade: Ata agora, as políticas económicas neoliberais practicadas están a provocar unha enorme brecha de desigualdades entre os distintos segmentos que compoñen a nosa sociedade. Aspiramos a unha sociedade máis xusta socialmente e tratar de reducir esta brecha.  

 Fraternidade: A nosa sociedade é cada vez é máis individualista, perdéndose paulatinamente o valor da solidariedade entre nós. Por tanto nacemos co ánimo de influír e desenvolver estes valores, ata agora algúns recollidos na nosa Constitución pero convertidos en papel mollado.     

 E por suposto tamén nacemos porque non podemos esquecer a todos aqueles que durante o curto período republicano en España perderon a súa vida en defensa destes valores. 

 Porque eles FORON, nós SOMOS o seu presente e porque SOMOS o seu presente buscamos que coa nosa influencia nos devanditos valores na sociedade, outros SEXAN. 

 Buscaremos, sen descanso, que tamén para os que iniciaron o camiño, atopemos a Xustiza Social po la que  loitaron e que tanto se mereceron. 

 A Guarda a 29/08/2017 

(*) Presidente de Republicanos Miñotos

Ningún comentario:

Publicar un comentario