03/08/2017

A GUARDA

“VIAXANDO POLA HISTORIA
100 ANOS DO MUSEO ARQUEOLÓXICO DO MONTE SANTA TREGA

A mostra pode visitarse ata o día 27 de agosto, na Casa dos Alonso 

Vista parcial de unha das salas da exposición
Foto: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Como xa informamos oportunamente, desde o día 27 de xullo ao 27 de agosto, a Casa dos Alonso (Praza do Reló - A Guarda), no casco vello da vila guardesa acolle a mostra Viaxando pola Historia. 100 anos do MASAT”. 

 A devandita mostra serve para relembrar a guardeses a visitantes que en 1917 creouse o Museo Arqueolóxico da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla. Un dos seus artífices foi D. Pacífico Rodríguez Rodríguez, médico e secretario desa entidade. Desde aquela ata o día de hoxe, o devandito museo, ubicado inicialmente no centro urbán da vila, pasou a ser o complemento máis axeitado á importancia patrimonial que posúe o xacemento prehistórico do Monte Santa Trega, e por conseguinte posteriormente foi emprazado no Pico de San Francisco, onde desde fai uns anos pasou a ser coñecido polas siglas MASAT. 

 Como queira que desde súa creación en 1917 ata o día de hoxe pasou un século, o Concello de A Guarda tivo a ben conmemorar ese feito coa exposición Viaxando pola Historia. 100 anos do MASAT”. A mostra constitúe toda unha homenaxe a Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, verdadeira artífice da promoción cultural e turística de A Guarda.

 A través de tres blocos temáticos, divididos en catro espazos, na mostra Viaxando pola Historia. 100 anos do MASAT” póñense en valor a historia e a función deste museo arqueolóxico que desde fai uns anos, ten carácter monográfico. E decir, está adicado a amosar unha selección exclusivamente, da colección de achados atopados nas diferentes campañas arqueolóxicas desenvolvidas no Monte Santa Trega o longo dos tempos.

 Mediante paneis con fotografías e textos, así como unha escolma de pezas arqueolóxicas, a exposición reflicte o perfil máis técnico e probablemente máis descoñecido do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, que ademáis foi o primeiro museo arqueolóxico creado en Galicia.

 Nos paneis tamén se informa da súa xénese (no seo da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla e polos indianos guardeses), así como das diferentes etapas polas que pasou, sempre vencellado ao xacemento do Monte Santa Trega e os veciños de A Guarda.

 No que respecta os materiais arqueolóxicos que se expoñen nesta mostra, está unha escolma dos fondos do Museo do Monte Santa Trega, así como unha breve mostra das publicacions directamente vencelladas o xacemento do Trega.

 Nunha sala contigua, tamén se presentan outros encraves arqueolóxicos (Alobre, A Cabeciña, Castrolandín, O Facho, Troña,...) da provincia de Pontevedra, que na opinión de alguns veciños non era necesario incluir nesta mostra, ao non teren relación nin co Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega nin coa Sociedad Pro-Monte Santa Tecla.

 En calquer caso, a mostra ben merece unha - polo menos - visita de vagar, para expremer unha síntese de un século de historia museográfica, que o noso entender, como antes xa apuntamos é toda unha homenaxe a benemérita Sociedad Pro-Monte Santa Tecla da que os guardeses debemos sentirnos moi agradecidos.

 A exposición pode visitarse de martes a sábado: de 12:00 a 14:00 h. e de 19:00 a 22:00 h.; e os domingos de festivos, de 12:00 a 14:00 h.


GALERÍA DE IMAXES

Ningún comentario: