3 de ago. de 2017

A GUARDA

XXXI CERTAME DE POESÍA FELICIANO ROLÁN VICENTE

O acto de entrega de premios será este xoves día 3 de agosto, ás 21.00 h., no Centro Cultural 



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda


 Organizado pola Agrupación Cultural Guardesa, co patrocinio das Concellalías de Cultura e Turismo, respectivamente, do Concello de A Guarda, e da Deputación de Pontevedra; este xoves día 3 de agosto, ás 21:00 h., no salón de actos do Centro Cultural - rúa Rosalía de Castro, 3 - de A Guarda, terá lugar o acto de entrega dos premios correspondentes o XXXI Certame Poético Feliciano Rolán Vicente.

 Nesta edición os galardoados son: 

1º Premio: Isaura Lago Álvarez, de Redondela, polo poema "Meu fillo meu corpo".

2º Premio: Rocío Leira Castro, de Cee (A Coruña), polo poema "Ruinas habitadas".

3º Premio: Ramón Sandoval, de Vigo, polo poema "Náufrago das cidades."

 Ademais da participación dos poetas premiados, a velada poética contará coas actuacions das pianistas guardesas María Alonso Vázquez e Laura González González.

 Será unha nova oportunidade para relembrar a figura poética de Feliciano Rolán Vicente e para constatar que á poesía continúa a ser un xeito de expresión literaria moi necesario para á existencia, para á resistencia e mesmo para a subsistencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario