3 de ago. de 2017

A GUARDA

A Banda Negra, a máis antiga das participantes nas Festas do Monte Santa Trega, cumpre 50 anos   

Unha comida o sábado 5 de agosto servirá de anticipo para as Festas na que contarán con novo uniforme

A Banda Negra: a decana das treboadas mariñeiras
Foto: Banda Negra

Ramón Sabariz Alonso / A Guarda

 A Banda Negra cumpre 50 anos nesta edición das Festas do Monte da Guarda, 2017. A banda mariñeira é a máis antiga das que participan no desfile tradicional do sábado e máis na romaría do domingo. 


 Para celebralo, a Banda organiza un xantar ao aire libre o sábado 5 de agosto na Canteira de Santa Catalina, preto do porto e de San Queitano, a partir das 13:30 horas. 

 Ademais de comida e bebida, haberá un inchable para os cativos e música con membros do Trebón dos Xidos; cun prezo de 5 euros e de balde para os menores de 12 anos. 

 Nesta edición tan especial das Festas, a Banda Negra estreará camiseta. Os membros poderán conseguila o luns 7 e o martes 8 de agosto de 19:00 a 21:00 horas no bar El Pescador, ao lado da igrexa de San Bieito. O seu prezo é de 15 euros, o mesmo que o da cota anual. 

 A Banda Negra desexa a todos unhas felices festas.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario