27 de ago. de 2017

A GUARDA

UNHA REPRESENTACIÓN DOS HOMES DO ARCIPRESTAZGO DE A  GUARDA PARTICIPOU NO XUBILEO PENITENCIAL DO VOTO A SANTA TREGA


O remate da Eucaristía, o prior da Irmandade do Clamor amosa a reliquia de Santa Trega os participantes, os cales reciben unha barra de pan que evoca o xexún a pan e auga
Fotos: Anselmo Martínez Peniza

Anselmo Martínez Pena / A Guarda

 A Guarda celebrou onte sábado 26 de agosto o tradicional acto penitencial do Voto a Santa Trega, que reuniu a un puñado de homes crentes e con animo de manter viva a tradición. 


 Ás 20:30 horas, no Parque do Cancelón, reúnense os penitentes (só homes) e inician a subida pola estrada ata o comezo de Campo Redondo co rezo do Rosario. 



 Nas proximidades da Casa Forestal, iníciase o Vía Crucis ata a ermida de Santa Trega. Alí a imaxe da mártir recibe aos penitentes e xuntos entran na capela, onde varios sacerdotes escoitan aos fieis en confesión. 


 Logo celébrase a Santa Misa e ao finalizar esta, seguindo a tradición, entrégaselle unha barra de pan a cada asistente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario