4 de ago. de 2017

A GUARDA

AS OFICINAS DE TURISMO REXISTRAN UN INCREMENTO DE TURISTAS

Con máis de 1.500 visitantes atendidos en xullo  

Vivienda castrexa reconstruída pola Sociedad Pro-Monte Santa Tecla no xacemento galaico-romano máis visitado da antigua Gallaecia
Fotos: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda, informa que a oficina de turismo situada no porto guardés atendeu durante o mes de xullo a máis de 1.570 turistas dentro do seu horario de apertura (de 11:00 a 14:00  e de 16:30 a 19:30 horas durante toda a semana). Así, segundo os datos rexistrados pola propia oficina, os visitantes incrementaron o seu número en máis dun 23% en relación cos datos obtidos o pasado ano  no mesmo período, cando foron preto de 1.200 as persoas atendidas.   

 Este servizo de información turística compleméntase co ofertado durante todo o ano pola oficina de turismo situada no Concello, onde se atenden unha media de 30 persoas ao día, sendo o seu horario de apertura de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.   

Vista do barrio de pescadores e porto de A Guarda

 Estas cifras confirman a tendencia ascendente das visitas turísticas á vila, xa que supón un espectacular aumento do 60% con respecto os datos obtidos  durante o mes de xullo de 2015, cando non chegaban a 1.000 as persoas atendidas na oficina do porto.   

 Neste mesmo sentido apuntan os datos da caseta de cobro do Monte Santa Trega, polo que pasaron máis de 35.173 persoas; unha cifra sensiblemente superior á rexistrada durante o mes de xullo do pasado ano, cando foron 34.830 os visitantes que accederon ó monte. Con todo, confírmase a inclinación cara o incremento que xa se produciu o pasado ano con respecto a 2015, e destaca dun xeito especial o aumento daquelas persoas que optan por realizar a viaxe ó Monte Santa Trega de  forma particular, en detrimento das visitas con viaxes concertadas.  

 O estudo destas cifras complétase cos facilitados polos establecementos hoteleiros, cuxos datos de ocupación confirman o incremento paulatino do interese turístico da vila durante o último ano. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario