11 de ago. de 2017

A GUARDA

AS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA CHEGAN O SEU CLÍMAX NESTA AMPLA FIN DE SEMANA 

Con diversas actividades e moita verbena que rematarán o martes día 15 de agosto, coa tirada dos fogos de lucería no porto de A Guarda   




Infogauda / A Guarda   

 Dende que Carlos Mouriño, presidente do R. C. Celta de Vigo, pronunciara o pregón o pasado luns día 7, e deseguido tivese lugar o Festival Folclórico, no Auditorio de San Bieito, deron comezo oficialmente ás Festas do Monte Santa Trega 2017. Desde aqueles intres, A Guarda leva varios días de troula na que é a súa festa e semana máis grande do ano.    

 Durante estes días as rúas da Guarda acollen non só milleiros de veciños do termo municipal e da contorna, senón centos de visitantes vidos de toda a península ibérica e mesmo de países ben lonxanos, que comparten e disfrutan de todo tipo de actividades nestes días de lecer para todos. E de xeito moi especial nesta ampla fin de semana, que ven chea de citas moi destacadas. 
   

 Este venres día 11 de agosto, ás 18:00 h., tarde de fútbol no Estadio Municipal da Sangriña, que acollerá o encontro entre o R. C. Celta de Vigo (xuvenís da División de Honra) e o Sporting Guardés. 

 Tamén haberá artesanía no Porto para que a poidan desfrutar os que así o desexen, antes da verbena da noite. Esta dará comezo cara as 22:30 horas na Alameda e correrá ó cargo das orquestras Passarela e Ibiza Band. 

 Xa no sábado día 12, ás 12:00 h., na Alameda, dará comezo o Desfile folclórico tradicional e das bandas mariñeiras, que rematará na explanada do porto. 






 Pola noite, volve a verbena á Alameda co Grupo Ceniza e La Década Prodigiosa.


 La Década Prodigiosa


 La Década Prodigiosa é unha das formacions máis veteranas do panorama musical español. Máis de 5 millons de discos acreditan a brillante carreira deste grupo con 30 anos de éxitos, xiras multitudinarias,..., e sobor de todo, con un repertorio que gusta a tódolos públicos. 

  Música dos anos 60, 70, 80, 90,..., formada maioritariamente por grandes éxitos, interpretación, baile, simpatía,..., todo iso, e máis, será o espectáculo que nos brindará La Década Prodigiosa. 

 O domingo día 13, o Domingo do Monte, como se dí na Guarda e súa bisbarra, terá lugar pola mañá a subida ao Monte Santa Trega, das bandas mariñeiras, que irá seguido polo tradicional xantar enxebre, no que tódolos anos se reúnen centos de persoas nunha das imaxes máis impresionantes que adoita deixar esta celebración. 

 Ás 22:30 horas, a Alameda volve a acoller a verbena, desta volta amenizada polos grupos Magikal e Ámbar.


 Na xornada do luns, día 14, IV Festa Degustación do Mexilón. 

 O evento gastrómico comezará 14, ás 12:00 h., na Alameda, onde se abrirá á carpa, con mexilón, polbo á feira, empanada,..., todo elo a prezos populares e animado por actuacións de charangas.   

 Pola noite, ás 22:00 h., actuación de un grupo musical.   

 O martes, día 15 (festivo), desde ás 12:00 h., abrirase novamente á carpa, para degustar mexilóns, polbo é feira, empanadas,..., coa animación de charangas.   

 E como broche de ouro das Festas do Monte Santa Trega, 2017, ás 24:00 h., no porto de A Guarda, tirada de fogos de lucería.     

 Rematarán así, por este ano, ás Festas do Monte Santa Trega, de Interese Turístico Galego, con máis de 100 anos de tradición, que en cada edición acadan máis e merecida sona de seren, como así é, unhas grandes festas. Pero primeiro, toca desfrutar desta festiva fin de semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario