2 de ago. de 2017

A CRUZADA (A GUARDA)

GRANDES FESTAS NA HONRA DE SAN CAETANO

Os días 4, 5 e 6 de agosto de 2017



Infogauda / A Cruzada

 Do 4 ao 6 de agosto de 2017, o barrrio da Cruzada, celebra as festas en honra a San Caetano, coñecido como o Santo da Providencia, Patrón do pan e do traballo.  

 A programación inclúe actividades culturais, festivas, gastronómicas e relixiosas. 

 Xoves día 3 de agosto: 

 Ás 21:00 h., subida do arco floral.

 Venres día 4 de agosto:

 Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas A Boalleira. 

 Ás 21:00 h. gran sardiñada a prezos populares ata esgotar existencias e a partir das 23:30 h., verbena a cargo de orquestra Costa Blanca.

 Sábado día 5 de agosto:

 Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas A Boalleira. 

 Pola noite gran verbena cos grupos Soprano e Ambar.
  
 Domingo día 6 de agosto: 

 A partir das 10:00 h., fará a súa entrada no eirado de festas o Grupo de Gaitas A Boalleira.

 Ás 11:30 h. misa solemne con sermón, cantada polo Coro Parroquial, e procesión acompañada polo Grupo de Gaitas A Boalleira, da Gándara.

 Ás 19:00 h. empezarán as tradicionais poxas de produtos típicos e a continuación actuación do grupo Son Godins.   

 Luns día 7 de agosto (festividade de San Caetano): 

 Ás 21:00 h. misa en honra ao santo e mordomos falecidos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario