9 de xul. de 2017

O ROSAL

EVA GARCÍA E JOSÉ CARLOS CASTRO PRESENTAN "IMAXES E PAISAXES DO ROSAL"

Unha exposición fotográfica que poderá visitarse os días 14,15 e 16 de xullo no local colindante coa Casa do Concello do Rosal





Infogauda / O Rosal


 Os fotógrafos Eva García e José Carlos Castro presentan á exposición fotográfica "Imaxes e paisaxes do Rosal". 

 A mostra estará aberta o público os días 14,15 e 16 de xullo, no local colindante coa Casa do Concello do Rosal, na Praza do Calvario. 

 Eva García e José Carlos Castro teñen unha ampla traxectoria no eido fotográfico. Por esa razón auguramos que nesta nova exposición van mostrar unha fermosa mostra da beleza natural que esconden moitos recunchos do municipio do Rosal, que moitas veces, pásansenos desapercibidos, porque quizais andamos con demasiadas présas. 

 "Imaxes e paisaxes do Rosal", é unha magnífica oportunidade para coñecer mellor a nosa contorna, e en definitiva, para amala e respectala.

Ningún comentario: