Infogauda / O Rosal
  A XXV Feira do Viño do Rosal celebrarase os días 14, 15 e 16 de xullo  na Praza do Calvario que unha vez máis reúne a numerosas empresas vitívinícolas xa consolidadas e outras máis novas, en período de crecemento. Esta feira ten un dobre obxectivo de promoción empresarial, por un lado, e de promoción turística, por outro.
 A feira que está consolidada, recibe anualmente, segundo os datos dos últimos anos, unha media de 30.000 visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na Denominación de Orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.
 A inauguración levarase a cabo o venres 14, ás 20:00 horas, na Praza do Calvario.
 A persoa encargada de inaugurar a Feira será o Presidente do Consello Superior de Deportes, D. Jose Ramón Lete Lasa.
 Pola súa banda, este ano, a encargada de pronunciar o pregón será a adegueira Rosa Ruíz Puga.
 Con motivo da XXV edición, dende a organización quixeron darlle un novo impulso a feira invertindo, un pouco máis se cabe, en diferentes aspectos da feira como son:
• Realización de programas de man.

• Colocación de varias vallas publicitarias, banderolas, lonas, carteis por todo o Baixo Miño e Val Miñor.
• Importante inversión na ambientación musical e iluminación da feira.
• Renovación do eido musical. (Música tradicional galega a mediodía e música dos 80’s e 90’s  pola tarde-noite)
• Introducción de novas actividades como o monólogo do sábado pola tarde.
• Mención especial a exposición de carteis das XXV edicións da Feira do Viño do Rosal e os 1.500 cataviños serigrafiados para a ocasión.
• Ampliación do servizo de bus á feira dente Baiona e Tui sumándose o da Guarda.
• Novas incorporacións (posto de Cazapitas)

PROGRAMACIÓN FEIRA DO VIÑO 2017
  • Venres, 14 de xullo de 2017
20.00 Inauguración a cargo do Presidente del Consejo Superior de Deportes, D. José Ramón Lete Lasa.
20.10 Pregón a cargo da adegueira Rosa Ruíz Puga.
20.30 Visita ós expositores e degustación de viños do Rosal.
23.00 Actuación musical a cargo de Terapia de Grupo”.
02:00 Peche da Feira.
    • Sábado, 15 de xullo de 2017
11:00 Carreira de nenos.
13:30 Grupo de música tradicional galega Grupo de Gaitas Airiños do Folón”.
20:00 Monólogo no auditorio a cargo dun dos cómicos máis coñecidos do panorama galego, de Pepo Suevos, monólogo onde relacionará o deporte co viño do Rosal.
Venta anticipada en diferentes puntos de venta.
23.00 Actuación musical a cargo do grupo San Rockers
02:00 Peche da Feira.
    • Domingo, 16 de xullo de 2017
10:00 Andaina 10k.
11:00 Carreira 10K.
13:30 Grupo de música tradicional galega O Trebón dos Xidos.
18:30 Actuación musical a cargo do grupo La Patrulla”.
24:00 Clausura da Feira.
    • EXPOSICIÓNS
Do 14 ao 25 de xullo na Sala de Exposicións do Concello e local anexo.
HORARIO:
De luns a venres: de 11:00 a 13:00 horas.
Sábados, domingos e festivos: de 11 a 13:00 e de 20 a 22 horas
Mostras de Escultura, Pintura, Fotografía e Carteis anunciadores destes XXV anos de Feira.
XIV Mostra Numismática e Filatélica do Grupo “Val do Rosal” que este ano en conmemoración da XXV edición da feira do viño editaron un matasellos e selos para a ocasión. 
Alfonso Dorado: 986 625 682 e 659 298 335
    • SERVIZO DE TRANSPORTE Á FEIRA DO VIÑO DO ROSAL
 Unha das novidades desta XXV edición é a ampliación do servizo de transporte entre O Rosal, Baiona e Tui, ademais do de A Guarda que xa se viña realizando dende hai anos. O prezo oscilará entre 1€ e 2€ dependendo do traxecto.