27 de xul. de 2017

LABORAL

CONVOCATORIA DE MOBILIZACIÓN EN CLECE

Para este venres día 28 de xullo, ás 11:30 horas, diante da porta principal de Citroën

 Infogauda / Vigo

 O Comité de empresa de Clece (contrata do servizo de limpeza das instalacións de PSA Peugeot Citroën en Vigo) ten convocada unha mobilización este venres 28 de xullo, para denunciar “os incumprimentos laborais, os abusos e a política de represión que levamos sufrindo dende que Clece se fixo co servizo”. 

 Así, ás 11:30 horas, o persoal concentrarase diante da porta principal de Citroën e ás 12:00 horas sairá en manifestación polos arredores da fábrica de automoción. 

 Esta mobilización é a antesala da folga que o Comité de Clece ten convocada para os días 3 e 4 de setembro para enfrontar as actuacións da empresa "represivas contra os dereitos dos traballadores/as, a destrución de emprego estábel, o incumprimento dos pactos acadados coa representación do persoal e a rebaixa da calidade do servizo”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario