25 de xul. de 2017

GOIÁN

O POBO DE GOIÁN CELEBROU A ROMARÍA DAS TRINCADEIRAS

As gaitas e a percusión autóctona, puxeron as notas musicais da Romaría das Trincadeiras
Ninguén quixo perderse a Romaría das Trincadeiras
Fotos: Santiago Baz Lomba


Infogauda / Goián

 Os veciños de Goián, xente emprendedora e afeita o traballo, adicaron a xornada do pasado sábado a celebrar a Romaría das Trincadeiras. Un evento popular, no que a boa veciñanza, a identidade comunitaria, e a ledicia de compartir idénticas inquedanzas, fixeron que a Romaría das Trincadeiras contribúa a manter vivo o esprito que levou os goianeses a defenderen ese espazo - As Trincadeiras - cando algúns quixeron atropelar os dereitos dos veciños. Grazas á mobilización levada a bó termo no seu día, lográronse os obxectivos: preservar ese lugar para á comunidade.

 E o pasado sábado día 22 de xullo, pequenos e maiores, sairon a rúa para xuntarse preto da Praza Antonio Fernández e animados polos compoñentes da Treboada Os da Fonte do Frade, dirixirse camiñando ou en chimpins, cara o encrave das Trincadeiras. E logo, unha vez alí, disfrutar de un bó polbo, carne ó caldeiro, empanadas,..., sobremesas caseiras, bo viño da terra, café, destilados e licores. Todo elo, en perfecta harmonía, gozando de unha xornada que comezou con unhas pingas e rematou con un sol de verán para goce de todos. Con música galega e baile popular. Así foi, un ano máis, como os goianeses viviron cívicamente a Romaría das Trincadeiras, 2017. 

GALERÍA DE IMAXES DA AUTORÍA DO FOTÓGRAFO SANTIAGO BAZ LOMBA

Ningún comentario: