1 de xul. de 2017

GOIÁN

Novas confirmacións na programación do Festival Transfronteirizo Minho Reggae Splash   

Terá lugar en Goián, os días 1 e 2 de setembro 


Mo'kalamity & The Wizards

Infogauda / Goián

 Comeza a programación do festival con este notición: Mo'kalamity & The Wizards estára no Festival Transfronteirizo Minho Reggae Sunsplash 2017. A hipnótica e suave voz desta muller caboverdiana e as súas mensaxes faranvos estremecer. Unha pedazo banda de Roots Reggae, Dub militante e rebelde inspirada en jamaican vibes, soul e músicas afroamericanas.  


Marcus Gad e a súa banda Tribe

 Marcus Gad e a súa banda Tribe estarán no Minhoreggae 2017. O artista de Nova Caledonia, unha pequena illa da Melanesia, é unha mostra de que a música reggae chegou ata os lugares mais remotos da terra e prendeu ben forte. Roots Reggae dende as antípodas.  


 O Minho Reggae Splash chega á súa oitava edición formando parte da rede europea de festivais de música reggae. Cun concepto e estilo musical concreto, o público achégase dende diferentes puntos da xeografía peninsular, motivados por una oferta cultural e de ocio alternativa, capaz de amosar e inculcar uns valores e principios que teñen os seus alicerces na cooperación, respecto á diversidade, ecoloxismo e sustentabilidade. 

 Concertos ao vivo, espectáculos artísticos, obradoiros, charlas, proxeccións, etc. Un conxunto de actividades que pretenden ofrecer unha programación de calidade, variada e para todo tipo de público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario