2 de xul. de 2017

DEPORTES

NATACIÓN

Máis de 70 persoas rematan a  XXII Travesía a nado no Porto de A Guarda 

A entrega de premios tivo lugar na carpa instalada na explanada do Porto con motivo da celebración da XXVII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

O alcalde Antonio Lomba Baz e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, cos gañadores absolutos da XXII Travesía a nado no Porto de A Guarda
Fotos. C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A vixésimo segunda edición da Travesía a nado no Porto de A Guarda arrancou o mediodía de onte, con 115 personas inscritas para as dous percorridos da proba, de entre os que finalmente 77 conseguiron rematar o traxecto polo interior do porto guardés. 
  
A imaxe corresponde o intre de darse á saída a proba desde o Muelle Alto

 O alcalde do Concello de A Guardia, Antonio Lomba Baz, deu a orde de saída da proba, que se dividiu en dúas categorías. A primeira delas, con 400 metros de percorrido, deu oportunidade de participación as nenas e nenos de até 12 anos. Dos seis participantes que conseguiron rematar, a gañadora foi Sara Tajes Lede, de 9 anos e membro do Clube de Natación Galáctico. Pouco despois, alcanzaba a meta  o seu compañeiro de equipo, Nicolás Vázquez Fernández, de 11 anos; e nun terceiro lugar, Naiara Eijo Gil, do Clube de Natación de Redondela.    

A imaxe amosa á beleza do entorno do porto de A Guarda

 O segundo percorrido contou con participantes masculinos e femininos de entre 12 e 68 anos, cun traxecto de 1.600 metros polo interior do porto guardés. O primeiro posto nesta categoría foi para Martín Carrera Costas, de 20 anos e membro do Clube de Natación de Ponteareas. Rifándolle a victoria en todo momento, o seu compañeiro Francisco Cobelo Represas, de 21 anos, que acadou o segundo posto. A poucos metros deles chegaba Laura Rodríguez Novoa,  de 17 anos e tamén membro do clube ponteareano, que conseguiu o terceiro posto do podio, realizando o percorrido en pouco máis de 19 minutos.    

 A entrega de premios tivo lugar na carpa instalada na explanada do Porto con motivo da celebración da XXVII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. Ademáis do recoñecemento ós gañadores absolutos nas categorías feminina e masculina, o alcalde guardés e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, agasallaron cunha medalla ós tres competidores máis rápidos por rangos de idade. 

 Por outra parte, e como recoñecemento de excepción, o rexedor e a concelleira premiaron ó esforzo de participantes como Andrés Jesús Rodríguez (68 anos), o nadador máis veterano; e Alberto Pérez Paz que, ós seus 8 anos, foi o participante máis mozo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario