1 de xul. de 2017

A GUARDA

A XXVII FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA, TODA UNHA HOMENAXE OS MARIÑEIROS E COCIÑEIRAS DE A GUARDA

Os pregoeiros Andrea Pousa e Bruxo Queiman rendéronlle un tributo os artífices de que A Guarda sexa á Capital da Langosta

De esq. a der.: Bruxo Queiman, Antonio Lomba, Andrea Pousa e Manuel Santos
Fotos: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Na tardiña de onte venres día 30 de xuño, a Praza do Reló acolleu o pregón da XXVII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. 

 O evento contou coa presentación de Manuel Santos González, que logo dunha breve introducción daría paso á intervención do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz.

 Na súa disertación, o munícipe guardés agradeceu á asistencia do alcalde do Rosal, así como dos representantes do concello de Oia, membros da Corporación Municipal de A Guarda, das diferentes comisions de festas de A Guarda, autoridades da Comandancia Naval do Miño e do Destacamento de Mariña de A Pasaxe,..., entre outras representacions, así como veciños de A Guarda e dos pobos veciños.

 O alcalde tamén avanzou o amplo contido de actividades da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, como a actuación de "Milsons", que tivo lugar na noite do venres; e as de "Songodin´s" e "O Trebon dos Xidos", que será este sábado e o domingo; o Serán Mariñeiro coa participación de varios grupos de canto e música tradicional, ás 23:00 h. do sábado, así como a Noite de Fado, coa actuación estelar de María do Ceo, ás 20:30 h., do domingo.

 Tamén haberá actuacións de humor para miúdos e para adultos, espectáculo de animación na rúa, show máxico para os máis novos, etc., así como unha Mostra de Artesanía na Rúa do porto.

Autoridades e público que asistiu o pregón da XXVI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

 Antonio Lomba, tamén relembrou a ampla oferta gastronómica deste evento con unha variedade de productos do noso mar, xa que ademáis da langosta, hai percebes, polbo, navallas, mexilons, vieiras, zamburiñas, paellas,..., así como empanadas, croquetas,..., todo elo coa compaña de viños do Rosal e saborosas sobremesas, como a rosca de xema de A Guarda.

 Asemade, o alcalde anunciou a Travesía a nado que terá lugar este sábado no porto de A Guarda, así como o tren turístico que está facendo percorridos pola vila guardesa e arredores.

 Logo das verbas de Lomba Baz, interviría novamente Manuel Santos, para presentar o actor vigués, Enrique Domínguez (Bruxo Queiman) e a cantante e actriz Andrea Pousa, facendo unha síntese da traxectoria destes artistas que son toda unha referencia da Cultura Atlántica, dentro e fora de Galicia.

 A continuación subiu o esceario Bruxo Queiman que comezou súa intervención en solitario, a xeito de limiar do que pouco despois, coa entrada de Andrea Pousa, na Praza do Reló, constituiría toda unha homenaxe que ambos os dous artistas tributarían, cada un na súa labor - Bruxo Queiman como narrador e Andrea Pousa como cantante lírica -, os mariñeiros guardeses que nas súas embarcacions saían rumbo a Peniche, para faenar cos trasmallos e capturar as langostas que logo serían cociñadas na do Roxo, no Gran Sol,..., entre outras casas de comidas de A Guarda.

 Bruxo Queiman, coa súa persoalísima voz fixo unha emotiva descripción da vida daqueles mariñeiros e daquelas mulleres que o longo de moitos anos foron acreditando á merecida fama de vila gastronómica de A Guarda e á capitalidade da langosta, e relembrou persoaxes como o Tío Santiaghiño, todo un sabio mariñeiro.

Bruxo Queiman e Andrea Pousa, na súa actuación

 O tempo, Andrea Pousa interpretou algúns temas musicais como "Camariñas", e "No niño novo do vento", entre outras cantigas.

  Na súa intervención Bruxo Queiman mencionou os atractivos que posúe A Guarda, como o incomparable Monte Santa Trega, o castro máis visitado de toda Galicia; a Fortaleza de Santa Cruz; o Camiño da Costa ou Monacal, a Ruta das Cetáreas, o Museo do Mar, o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega,...

 E así, dese xeito, os dous artistas ofreceron un persoalísimo pregón, que en ningún intre se cinguiu o estereotipo habitual, para culminar con unha chamada, na voz de Andrea Pousa, a que coidemos os mares para que as xeracions vindeiras tamén poidan disfrutar de langostas como as que se sirven na XXVII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. 

 "O obxetivo deste Pregón é facer un chamamento a toda as xentes para que nos responsabilicemos e para que coidemos o noso planeta. Coidemos a terra. Coidemos o mar. O mar é vida. Do mar saen manxares como os que hoxe celebramos. Se coidamos o mar faremos posible que a Langosta volte de novo a nosa costa", remarcou Andrea Pousa.

  O remate do pregón, o alcalde impúxolles ás respectivas langostas de ouro os pregoeiros.

  Ese foi o brillante comezo da XXVII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que continúa o longo deste sábado e do domingo, e nos convida a visitar a vila e o porto de A Guarda, para gozar da mellor gastronomía. 

1 comentario:

Anónimo dixo...

A festa da langosta está moi ben, pero coma sempre, o Sr.alcalde cólgase madallas a conta dos demais. El sae na foto, come a conta dos guardeses,e cobra ,canto mais mellor, de todos os que queiran participar na festa. ¿porqué este ano participan só tres restaurantes?....porque o ano pasado quedaron escaldados. A festa da langosta non debera ser pra lucrarse o concello, mais bén tería que ser un aliciente pra os restaurantes, docerías, tendas etc,,non un esquilme por parte do concello.