5 de xuño de 2017

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Aberta inscrición Talleres para familias Kara Walker/ CGAC

TALLERES PARA FAMILIAS. O CORPO 



CGAC / Santiago de Compostela

 Hoxe abrimos o prazo para os derradeiros talleres para familias desta edición dedicada ao corpo na arte contemporánea.  

 CONTANDO HISTORIAS. KARA WALKER 
 Sábado 17, para familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos Domingo 18, para familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos Coas súas siluetas negras recortadas e proxeccións con lanternas máxicas, Kara Walker explora diversas cuestións da nosa sociedade como a identidade, o xénero ou a raza. Moitos dos contos e historias que hoxe en día coñecemos chegaron a nós trasmitidos por vía oral. Nesta sesión trataremos de narrar as nosas propias historias, anécdotas e experiencias e de escenificalas proxectando os nosos corpos e deixando que eles nos conten.  

 INSCRICIÓN: Os talleres son gratuítos e para participar é necesario escribir a cgac.educacion@xunta.gal indicando os nomes dos participantes, as súas idades, un teléfono de contacto e un correo electrónico. Só serán admitidas as persoas que teñan a idade sinalada para cada un dos talleres. As prazas cubriranse por orde de inscrición. Cada solicitante recibirá un correo electrónico de confirmación. Os nenos e nenas poderán estar acompañados cada un por 2 familiares máximo en cada taller.

Ningún comentario:

Publicar un comentario