5 de xuño de 2017

O ROSAL

"ANIMACIONES Y ESPECTÁCULOS DELESTA"

Unha nova entidade ubicada en O Rosal (Pontevedra), fundada por Carlos Rodríguez Vicente, Alejandro Rodríguez Vicente e José Luis Rodríguez Martínez


Alejandro Rodríguez Vicente, José Luis Rodríguez Martínez e Carlos Rodríguez Vicente

 Nace ANIMACIONES Y ESPECTÁCULOS DELESTA, unha nova entidade ubicada en O Rosal (Pontevedra), fundada por Carlos Rodríguez Vicente, Alejandro Rodríguez Vicente e José Luis Rodríguez Martínez que se quere identificar e diferenciar polo seu nome, de orixe cabaqueiro. Nesta antiga fala do Baixo Miño, Delesta, significa Festa. 

 Esta nova firma, que conta con monitores de ocio e tempo libre, así como animadores socioculturais de O Rosal e A Guarda, abarcará, dende a contratación de orquestas e Dj's, ata inchables, celebración de festas privadas, cumpleanos, así como presentación e programación de todo tipo de eventos de ocio, deportivos,  turísticos e culturais.

 Animaciones e Espectáculos Delesta contará coa axuda e colaboración, tanto do recoñecido Restaurante Juan de O Rosal, para poder celebrar diferentes actos nos seus magníficos salons, como tamén de xente da zona, involucrada coa causa, para axudar nas diferentes saidas, andainas e actos que se poidan realizar ao longo do ano.  

 Tamén contan con páxina de Facebook e Instagram, ambas co mismo nome: "Animaciones y Espectáculos Delesta" e con correo electrónico: animacionesdelesta@gmail.com

 O gran obxectivo "que a xente o pase ben e disfrute de cada celebración". Esta será a nosa forma de traballo, baixo un eslogan que nos identifica ao 100%: "O tempo todo o cura, pero unha boa festa, sempre axuda". 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario