22 de xuño de 2017

PONTEVEDRA

AS ESTRADAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NA COMARCA DO PARADANTA EMPEZAN A LUCIR A SÚA NOVA SINALIZACIÓN HORIZONTAL 

No día de onte rematouse o pintado a estrada EP-5005 A Cañiza-Pousa e ata o mércores próximo melloraranse un total de 93,7 quilómetros de pintado horizontal no mesmo concello de A Cañiza  

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez sinala que tamén están en marcha o Plan de rozas da rede provincial e o Plan Móvese  

Uxío Benítez, deputado de Mobilidade

Infogauda / Pontevedra

 As estradas da Deputación na comarca do Paradanta empezan a lucir a súa nova sinalización horizontal. Finalmente, os traballos de pintado de vías contratados pola institución provincial na zona sur da provincia comezaron polo Concello de Tui, onde xa está todo o viario mellorado. Nestes momentos os operarios da empresa adxudicataria están xa no concello de A Cañiza, onde está rematado o pintado da EP-5005 entre A Cañiza e Pousa. Ata o vindeiro mércores seguirase con este labor nas estradas EP-5001 Franqueira-Cebreiro, EP-5003 Cañiza-Arbo e EP-5004 Valeixe-Villar, que suman 93,7 quilómetros de nova sinalización, tal e como estaba previsto no plan global de actuación para toda a provincia anunciado polo deputado de Mobilidade Uxío Benítez. 

 Unha vez se remate o pintado no concello de A Cañiza, os operarios da empresa Viales Fernández pasarán ao concello de Crecente, onde tamén nun prazo dunha semana mellorarán a EP-5302 de acceso a Ponte Frieira, a EP-5303 Padrosos-Ameixeiras e EP-5304 entre Vilar e Albeos. Posteriormente a brigada pasará ao concello de Arbo, onde se mellorarán 24,4 quilómetros de sinalización horizontal nas EP-5201 –arvi-Cabeiras-Barcelas, a EP-5202 Arbo –embarcadero, a EP5203 entre a PO-400 e a estación e a EP-5206 de acceso a Luneda. Para finalizar, o 19 de xullo iniciaranse o pintado no Concello de O Covelo, que suma 34,8 quilómetros de actuación. 

 O plan de mellora da sinalización horizontal promovido polo Departamento de Mobilidade beneficiará a 226 estradas de titularidade provincial, o que supón case as tres cuartas partes do total da rede da Deputación, cunha lonxitude de 2.577 quilómetros de pintados. Tivo un orzamento xenérico de saída de 1,7 millóns de euros e foi adxudicado en catro lotes por un total de 1.409.319 euros. O segundo lote reúne as melloras viarias no Condado Paradanta e Baixo Miño e foi adxudicado por 185.400,64 euros. 

 A mellora da sinalización horizontal, segundo asegura Benítez, enmárcase na nova filosofía do departamento de Mobilidade da Deputación que aposta pola mobilidade sustentable na que a seguranza viaria é un eixo clave. O obxectivo do plan de sinalización horizontal é que se pinten as vías (liñas lonxitudinais, aparcamentos, illotes, cebreados, pasos de peóns) que nunca tiveron marcas viarias e se renove o pintado naquelas nas que polo paso do tempo e o uso xa estean desgastadas.  

 Unha vez rematen as actuacións na Paradanta, pasarase ao resto de concellos do Condado e Baixo Miño. Na comarca do Baixo Miño pintaranse 141,8 quilómetros de trazado, dos que 31,5 xa se executaron en en Tui (catro estradas), 74,2 en Tomiño, 0,5 en Oia (unha estada) e 35,6 en O Rosal (tres estradas). Na comarca do Condadoo plan permitirá a renovación da sinalización en 45,1 quilómetros de catro estradas provinciais en Ponteareas, de outras tres en Salvaterra do Miño (9,5 quilómetros), catro en As Neves (44,9 quilómetros), seis en Mondariz (99,3 quilómetros), e 12,8 quilómetros en dúas estradas de Mondariz Balneario.  

 Rozas 
 Ademais do plan global de sinalización horizontal, a Deputacióntamén está a levar a cabo o habitual Plan de rozas e melloras de cunetas para o mantemento das estradas provinciais. Nesta ocasión, ademais de executar a planificación de rutina, estanse a compaxinar as rozas de xeito previo ao pintado das estradas.  

 Nestes momentos na zona sur hai unha brigada que está a traballarna EP-2403 Mosende-Morgadans (Porriño) e que irá para EP 2502 Cerquido-Ribadelouro (Salceda); outra brigada está na EP-2900 Redondela-Ventosela (Redondela) e irá para EP 2907 Redondela-Cepeda (Redondela); outra brigada está na EP-2908 Arcade-Amoedo (Soutomaior) e continuará taménaí a vindeira semana; outro equipo está na EP 3102 Tomiño-Sabaris (Tomiño) e estará a semana que ven tamén, e, finalmente, outro grupo de traballo está na actualidade na EP-5104 Maceira-Avión (Covelo) e irá para EP 5003 A Cañiza-Arbo (A Cañiza).  

 No resto da provincia as rozas estanse a realizar do seguintexeito da man tanto dos equipos  propios de mantemento das vías provinciais como polas empresas contratadas polaDeputación: unha brigada de traballo está na EP-Soutelo-Covas-Ramal Magdalena (Forcarei) e irá para EP-7204 Soutelo-Ratel (Forcarei); outra está na EP 6106 Maceiras-Alvarellos (Dozón) e irá para EP-6104 Castro-Dozón-Saa-Rocha (Dozón); outra está na EP 8505 Ferreiros-Vilar (Valga) e irá para EP 8504 Forno-Cernadas (Valga); outra está na EP 9201 Sanxenxo-Bordons-Samieira (Sanxenxo) e irá para a EP 9213 Granxa-Dorrón (Sanxenxo); outra está na EP 0006 Marcón-Lusquiños (Pontevedra) e irá para EP 0002 Marco-Tomeza-Figueirido (Pontevedra) e finalmente outra está na EP 0307 Peso-Caroi (A Lama), onde continuará uns días máis e despóis irá a EP 0407 Borela-Ponte Caldelas (Cerdedo-Cotobade).  

 Plan Móvese 
 Finalmente, o departamento de Mobilidade tamén está a traballarnestas semanas na instalación de pasos de peónssobreelevados e redutores de velocidadenas estradas EP 3001 Tui Rebordanes (Tui), na EP-2502 Ribadelouro-O Cerquido (Salceda), na EP-3003 Areas-Pexegueiro(Tui) e na EP-3102 Tomiño-Sabarís (Tomiño), con diferentes traballos de obra civil, sinalización horizontal e vertical e aglomerado e compactación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario