13 de xuño de 2017

MOS

A Xunta de Galicia entrega ao Concello de Mos o seu escudo e bandeira oficial

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, entregou hoxe á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a bandeira e o escudo oficial do concello

Infogauda / Mos

 O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregou hoxe á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a bandeira e o escudo oficial do concello. No acto, que tivo lugar dentro das actividades programadas para a Festa da Rosa, tamén participou o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.  


 O escudo e a bandeira oficiais contan coa aprobación do Consello da Xunta de Galicia e constitúen un signo de identidade do concello, ao que identifican e diferencian.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario