22 de xuño de 2017

LABORAL

O persoal de Clece, contrata da limpeza de Citroën, mobilizarase contra os abusos e incumprimentos da empresa 

A concentración terá lugar este venres 23 diante da fábrica de automóbiles de 12.30 a 14.30 horas 


Infogauda / Vigo

 O comité de empresa de Clece (CIG e CGT) convoca unha concentración este venres 23 ás portas de Citroën en Vigo de 12.30 a 14.30 horas para rexeitar os incumprimentos e abusos “sistemáticos” da concesionaria de limpeza contra os traballadores/as. 

 En concreto, segundo pudo saber este xornal dixital, a representación do cadro de persoal denuncia: 
-Vulneración de acordos acadados entre os empregados/as e a dirección. 
-Incumprimento das condicións contractuais do persoal. 
-Situación de insalubridade que presentan algunhas zonas de traballo. 
-Incumprimento de gamas de traballo. 
-Reparto de tarefas inasumíbel. 
-Procesos de incapacidade temporal provocados por accidentes laborais que a Mutua deriva ao servizo público de saúde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario