27 de xuño de 2017

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

CATRO XOGADORES DE A GUARDA HOCKEY LIÑA NA SELECCIÓN GALEGA

Selección Galega de Hockey Liña

Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 Na pasada fin de seman celebrouse no pavillón Daniel Cordido, de Lugo, a derradeira Tecnificación para a Selección Galega de Hockey Liña con excelente resultado para os convocados de A Guarda Hockey Liña xa que foron catro os escollidos para formar parte da Selección Galega que participará o vindeiro mes de xullo no Torneo de Seleccións Autonómicas que se disputará en Cataluña.  

 Os xogadores Lucas Moreira, Claudia Rial e Pablo Castro, todos da Guarda uníuse Sheila Silva, natural de Tomiño nunha escolla entre os rapaces de toda Galiza. 

 Parabens a todos eles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario