30 de xuño de 2017

CAMPOSANCOS

MÚSICA E PALABRAS

Primeiro sábado de cada mes

As 20:00 h., na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos


Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos


 Hai un tempo que é necesario para á subsistencia. E hai un tempo que é indispensable para á existencia. Para procurar sincronizar ambos os espazos está Música e palabras.

 Música e palabras, é unha proposta cultural que xurdiu de un colectivo de persoas que no seo da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, están aportando moita saiba nutricia - necesaria para á subsistencia - e tamén moitas iniciativas  - vitais para á existencia - que fan desa Comunidade, todo un referente cultural. 

 Unha desas iniciativas - entre outras que levan desenvolvido e algunhas máis que teñen previstas -, é Música e palabras. Un evento cultural que cada primeiro sábado de mes, ás 20:00 h., nos convoca na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos. 

 Trátase de un evento que nuclea sensibilidades culturais e nos convida a adicarlle un tempo á lectura, á música, a poesía,... É decir, para disfrutar de un bo libro, para interpretar ou escoitar boa música, para recitar ou para apreciar á beleza da poesía.

 Escritores, músicos, poetas, veciños,..., todos estamos convidados o tempo de  Música e Palabras.

 Logo deste primeiro sábado de xullo, Música e palabras voltará en outubro, con máis folgos, para gozar do tempo que nos da a vida, e da cultura, que entre todos podemos aportar e mesmo reinterpretar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario