7 de xuño de 2017

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DEMANDA UN PAVILLÓN MULTIUSOS INTERMUNICIPAL

Para uso e disfrute das tódalas entidades deportivas e culturais dos Concellos de  O Rosal-A Guarda

Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, na Corporación Municipal de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

  Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, na Corporación Municipal de A Guarda, ven de facer pública á seguinte proposta:

 Cando no Pleno do 27.09.2013, por parte de CONVERXENCIA GALEGA se presentou unha moción sobre este asunto (R. E. nº 3.559), asinada pola concelleira deste Grupo Político, Beatriz Estévez Álvarez, sabíamos que todo canto se quixera facer nas instalacións de A Sangriña, serían remendos que non iban a conseguir que se puxera o día as instalación para poder disputar torneos e encontros da máxima categoría - División de Honra -, sin que estivéramos sempre expostos a recibir reclamacións e sancións polo estado do mesmo.

 Temos que decir, que tal como manifestou algún concelleiro do Equipo de Goberno (PSOE) era certo que era unha idea, que había que desenrrolar, pero iso lle correspondía ao Equipo de Goberno daquel momento, e a realidade que non se fixo ninguna xestión nin co Concello de O Rosal, nin diante das administracións provincial ou autonómica para que se crearan para adoptar as medidas pertinentes para modificar as normas do Plan Xeral para poder desenrrolar que alí (unha vez descartadas as normas para a creación do polígono industrial) algo que fora útil para os dous concellos e o seu aproveitamento deportivo, xa que era unha necesidade, e o mesmo tempo, tramitar a tódolos niveles, estatal, autonómico e local, un calendario de inversión para que esas instalacións foran unha realidade. Perdémolo tempo en discursos pomposos, pero ocos e agora atopamos que aqueles encontros deportivos máis significativos temos que levalos a cabo noutras localidades xa que non reunimos as condicións mínimas esixidas para facelos no noso entorno, impedindo que poidan disfrutar deses eventos tódolos veciños/as e sacarlle beneficio económico o comercio e a hostelería local, que en maior ou menor medida, colabouran no financiamento do clube MECALIA-ATLETICO GUARDES, que o longo da derradeira semán, puxo o noso pobo nas portadas dos xornais galegos e noutros periódicos deportivos estatais.

 Por elo, dende, CONVERXENCIA GALEGA, consideramos que chegou o momento de aproveitar esta incidencia positiva, para que se de inicio de xeito inmediato a comprometer a Secretaría General del Deporte, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial, para lograr o planificación económica precisa para que no menor prazo de tempo de poidamos por en marcha as obras que leven a que en pouco tempo teñamos logrado facer realidade a esperanza dun Pavillón Multiusos Deportivo-Cultural Intermunicipal para uso e disfrute das tódalas entidades deportivas e culturais dos Concellos de  O Rosal-A Guarda.  

Baixo Miño, a 08 de xuño do 2.017       

Celso R. Fariñas 
Concelleiro en A Guarda de CONVERXENCIA GALEGA

Sres. Alcaldes dos Concellos de O Rosal e A Guarda

1 comentario:

  1. ¡Os alcaldes faen so o que lles enche o bolso! O demais non importa!.

    ResponderEliminar