22 de xuño de 2017

A GUARDA

O BNG insta ao Concello da Guarda a limpar os camiños da Cruzada  

Ángel Luis Baz Vicente (portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda):“Un ano máis, o BNG solicita a limpeza dos camiños da Cruzada que dan aceso ás praias”  

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda nun dous camiños que unen a Rúa de Caetano con a zona de Santa Catalina
Foto: BNG 

Infogauda / A Guarda


 O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou un escrito no Concello da Guarda solicitando, un ano máis, a limpeza dos camiños da canteira no Barrio da Cruzada.  

 Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda afirma: Os dous camiños que unen a Rúa de Caetano con a zona de Santa Catalina foron tradicionalmente, e seguen sendo, dous importantes accesos usados habitualmente polos veciños e veciñas do barrio da Cruzada para acceder á beira do mar. 

 Coa chegada do bo tempo increméntase o uso destes camiños pois son moitas as persoas que a través deles acceden ao porto, á senda litoral e á zonas de baño ou lecer que hai nas rochas, así como ao conxunto etnográfico que conforman a ruta das cetáreas

 Pero nesta altura do ano a abundancia e grande tamaño da vexetación dificulta seriamente o tránsito polo camiño da banda do norte

 Ante o malestar expresado un ano mais por varios veciños e veciñas, Ángel Luis Baz volveu, como cada ano, a constatar o estado deste acceso indicando: Digo o mesmo que dixen no 2015: esta situación que se repite cada verán é so unha mostra mais do desleixo e falta de sensibilidade do goberno municipal para co barrio da Cruzada, non entendemos por que o goberno municipal do PSOE castiga deste xeito a este barrio. A limpeza desta zona xa tiña que estar prevista con antelación”. 

 Baz Vicente conclúe decindo: Para o BNG resulta un esperpento que cada ano se lle teña que lembrar ao grupo de goberno municipal do PSOE que hai que limpar estes camiños, sabendo a utilidade pública que teñen.

1 comentario:

  1. ¡Que limpen todos os camiños! ¡Teñen todo feito unha merda!

    ResponderEliminar