UNANIMIDADE PLENARIA PARA RECUPERAR O CUNCO MILLEFIORI PARA O MUSEO ARQUEOLÓXICO DO MONTE SANTA TREGA
Con data de 26 de maio de 2017, a Corporación Municipal de A Guarda, en sesión ordinaria, aprobou por unanimidade a proposta conxunta de solicitude para o MASAT do cunco de pasta millefiori
Cunco de pasta millefiori atopado en 1986, nunha campaña de excavación arqueolóxica no monte Santa Trega
Foto: Museo de Pontevedra
Fátima Iglesias Ferreira / A Guarda
O pasado mes de maio, Ricardo Rodríguez Vicente presentaba no rexistro municipal do noso concello, unha proposta para promover a recuperación para o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, o cunco de pasta milleriori, como magnífico xesto para conmemorar o Día Internacional dos Museos (18 de maio).
A raiz deste escrito, algúns concelleiros se puxeron en contacto entre eles, como é o caso de Fátima Iglesias Ferreira, para apoiar a proposta e transmitir as felicitacións pola mesma a Ricardo Rodríguez.
Foi na comisión de asuntos plenarios do día 23 de maio, cando se decidía por unanimidade dos representantes municipais na mesma, xuntar vontades e levar unha proposta conxunta para a súa aprobación no seguinte pleno da Corporación Municipal.
Foi na comisión de asuntos plenarios do día 23 de maio, cando se decidía por unanimidade dos representantes municipais na mesma, xuntar vontades e levar unha proposta conxunta para a súa aprobación no seguinte pleno da Corporación Municipal.
Segundo explica Ricardo, o cunco de pasta millefiori foi atopado no xacemento do monte Santa Trega, na excavación arqueolóxica dirixida por Antonio de la Peña Santos, no 1986. É unha peza de mediano tamaño, de vidro polícromo, de complexísima fabricación (recomendamos a quen non o fixera, adentrarse nesta historia). A peza está dende fai anos no Museo de Pontevedra, e o que solicita a proposta é: "Que veña para o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega e recuperaremos así para A Guarda esta peza que aquí foi atopada".
Como Ricardo Rodríguez expón: "Estamos diante dunha lexítima aspiración como guardeses".
Con data de 26 de maio de 2017, a Corporación Municipal de A Guarda, en sesión ordinaria, aprobou por unanimidade a proposta conxunta de solicitude para o MASAT do cunco de pasta millefiori.
Grazas Ricardo Rodríguez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario