O alumnado da sección bilingüe de 3ª da ESO do IES A Sangriña promociona o pobo da Guarda
Con un vídeo musical e un mural na rúa Baiona
Brais Martínez
VÍDEO
Infogauda / A Guarda
Urban Art Project é un proxecto interdisciplinario da sección Bilingüe de 3º da ESO do IES A Sangriña, coordinado polos profesores Beatriz Núñez (Plástica), Alfredo Garrido (Música) e Rosana Moreira (Inglés) e cuxo obxectivo é implicar ós rapaces na vida económico-social do seu pobo a través da arte. O proxecto comprende a elaboración dun mural grafitti de benvida á A Guarda, situado na Rúa Baiona e un vídeo promocional da vila destinado ó turismo estranxeiro, para o cal se contou coa colaboración de Brais Martínez Villa, Nadia Vázquez e Concello de A Guarda.
"Dende o Concello de A Guarda queremos dar os parabéns a estes rapaces e os seus profesores polo bo traballo realizado e por suposto o noso agradecemento por facer da nosa vila una lugar mais fermoso, ademais de poder mostrarlle os turistas o encanto que ten A Guarda dun xeito tan especial", dixo Elena Baz Rodríguez, concelleira de Cultura e Xuventude.
O vídeo está dispoñible en Youtube e tamén estará na Web do Concello de A Guarda e na Web de Turismo, ademais do Facebook de Cultura e Xuventude.

Ningún comentario:
Publicar un comentario