24 de xuño de 2017

A GUARDA

II FESTA CASTREXA DO MONTE SANTA TREGA

Sábado día 24 e domingo día 25 de xuño, en Chans


A organización da II Festa Castrexa habilitou un amplo espazo de aparcadoiro no campo de Novo Chans 

Infogauda / A Guarda

 A organización da II Festa Castrexa do monte Santa Trega convócanos este fin de semana en Chans, onde á artesanía, a cultura, o deporte, a gastronomía, a música,..., e a boa compaña, convídannos a disfrutar de dous días de exaltación da cultura castrexa.

Programación II Festa Castrexa  

SÁBADO 24  

· 11:00 h. Apertura do recinto con artesáns, postos con polbo, churrasco, carne, empanadas, etc.  
· 12:30 h. Actuación dos grupos A Boalleira e Do Lusco o Fusco.  
· 17:00 h. - Actuación de O Trebón dos Xidos e realización de xogos populares.  
· 18:00 h. - Pregón a cargo de Ricardo Rodríguez Vicente, decano da prensa local. 

 Tras o pregón realizarase unha ruta polo Monte Santa Trega con explicacións a cargo de Miguel Reboredo Otero.  

· 23:00 h. - Concerto a cargo do grupo folk Lareira e Tanto nos Ten

DOMINGO 25  
· 11:00 h. - Apertura do recinto e actuación do Grupo de Gaitas da Terceira Idade da Guarda. Saída da II Ruta Cabalar desde o Cámping ata o recinto de festas.  

· 12:00 h. - Xogos populares, petanca e birlos celtas. Actuación do Grupo Manuk.  
· 16:00 h. - Exhibición de talla de madeira con motoserra. 
· 17:00 h. - Xogos populares. Actuación dos grupos Vento Mareiro, Xamaraina, Coiro Vello, Carainas e Manuk, que pechará esta 2ª edición da Festa Castrexa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario