4 de xuño de 2017

A GUARDA

"MÓVETE POLO TEU CORAZÓN", CLASE DE BAILE PARA NENAS/OS

Sábado día 10 de xuño, de 11:00 a 12:00 horas, no Recreo Artístico Guardés



Infogauda / A Guarda


 A Asociación Studio 88, de A Guarda, informa que o vindeiro sábado día 10 de xuño, de 11:00 a 12:00 h., no Recreo Artístico Guardés haberá unha actividade que se denomina: "Móvete polo teu corazón".

 Esa actividade consistirá nunha clase de baile para nenas/os, totalmente de balde.

 Tódalas persoas interesadas en que participen seus fillos, deben inscribirse previamente - ata o día 9 -, mediante unha mensaxe de WhatsApp o teléfono 686 512 863, ou tamén na páxina da Asociación Studio 88, en Facebook. Haberá que indicar: Nome e apelidos do participante i edade do participante.

 En caso de producirse moita demanda a Asociación Studio 88 tomarase a liberdade de poder incluir os solicitantes noutra clase, ben sexa por haberse excedido o número de prazas, ou polas edades dos participantes.

 O día da clase gratuita haberá que cubrir unha folla de documentación para poder acceder á actividade.

 Imprescindible roupa deportiva e zapatillas de deporte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario