25 de maio de 2017

MOVEMENTOS SOCIAIS

Acto informativo "o problema coas concesións das traídas de augas veciñais" 

Terá lugar o vindeiro martes 30 de maio, ás 20:30 horas na sala Xacobeo da Área Panorámica, en Tui

BNG / Tui

 As comunidades de traídas de augas veciñais estanse vendo afectadas, na actualidade, das sucesivas privatizacións da auga no medio rural.  

 A dia de hoxe, tres traídas de augas  veciñais, no concello de Tui, fóronlles denegadas as súas renovacións de caudal por parte da Confederación Hidrográfica Miño Sil, obrigándolles a eliminar as súas comunidades e a engancharse á rede municipal.  

 Ante esta problemática o Bloque Nacionalista Galego convoca unha asemblea informativa para todas as directivas de comunidades de augas veciñais, usuarios das mesmas, e, asociacións implicadas. O acto terá lugar en Tui o vindeiro martes 30 de maio, ás 20:30 horas na sala Xacobeo da Área Panorámica, na que contaremos coas intervencións do concelleiro José Martínez Tato e da deputada Montse Prado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario