22 de maio de 2017

DEPORTES

PIRAGÜISMO

6 MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA 3ª COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM 


Informa (Fotografías e Redacción): Rosa Fernández Carrera

 No día de onte, tivo lugar no porto deportivo de Tui a terceira competición da Copa Galega de promoción de slálom. A competición, que foi organizada polo Club Tea, contou coa participación dos deportistas máis pequenos dos clubs galegos. 



 Os nenos e nenas do Club Deportivo Miño - Os Teixugos remataron con 6 medallas no seu haber. Ainhoa Barreiro foi ouro en C-1 Muller Infantil e prata en K-1. Alba Soutelo rematou terceira nas dúas modalidades anteriores, facéndose por tanto con dúas medallas de bronce. Samuel Castro acadou outra medalla de ouro para o club en C-1 Infantil Masculino e Sergio Martínez prata en K-1 Infantil. 


 Na clasificación por clubs o Deportivo Miño rematou terceiro con 179 puntos, por detrás do Tea con 239 e o Penedo con 213.

Ningún comentario:

Publicar un comentario