8 de maio de 2017

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DEMANDA UNHA INTERVENCIÓN INMEDIATA NA ZOA PRÓXIMA O MUSEO DO MAR

 As imaxes que acompañamos a este escrito, non precisan de moitas explicacións
Reportaxe fotográfica: Converxencia Galega / A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Adxuntando unha reportaxe fotográfica, Josué Álvarez Alonso, responsable local de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro municipal de entradas á seguinte interpelación:

ARRANXO E ADECENTAMENTO DA PISTA DE SKATE   

 Cando temos rematado a tempada de Semana Santa e agora a ponte do 1º de Maio en que (según datos municipais) rozamos o cheo en visitantes tanto en hostelería como en restauración, as imaxes que seguimos dando a quenes nos visitan [son estas].
   

Engadir título


 Tendo en conta, que a súa ubicación ó remate do Paseo de Mazaracos, donde está instalado o Museo do Mar, e lugar o que acuden a pasear veciños/as e visitantes, así como tamén inicio do Paseo Azul que vai ata a Praia de Fedorento.   





 As imaxes que acompañamos a este escrito, non precisan de moitas explicacións, pois, dín que unha imaxe vale máis que mil palabras, xa que a herba invadindo o vial, a suciedade, o abandono, o material roto e o óxido que ataca as barandillas e armazóns de ferro alí existentes, sirven de demostración da deixadez municipal, e provocan que todos/as aqueles que nos visiten fagan comentarios negativos sobre a nosa localidade. 




 Por elo, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar do Sr. Alcalde, para que imparta as ordes oportunas aos Concelleiros Responsables de Vías e Obras, Parques e Xardíns, e Limpeza Viaria, para que leven a cabo unha intervención inmediata nesta zona, a fin de adecentala denantes da chegada do turismo que en pouco tempo escomenzará a chegar a nosa localidade para disfrutar dela o longo do verán.  

     A Guarda, a 02  de maio  do 2.017

Josué Alvarez Alonso 
Responsable Local de CONVERXENCIA GALEGA

2 comentarios:

  1. La Guardia no hay que arreglarla porque la visiten los turistas, ¡Hay que arreglarla para los guardeses!!!!

    ResponderEliminar
  2. ¿Hay que adecentar a Guarda porque chegan os turistas? E se non hubera turistas ¿Terian que deixala así?.Pois sí que importamos os que somos da Guarda e vivimos aquí todo o ano!

    ResponderEliminar