24 de maio de 2017

A GUARDA

A Campaña “Le na Guarda” convértese nunha exposición fotográfica

O Colexio San Xosé-Hermanas Carmelitas da Guarda participou nesta Campaña cunhas fotografías que están expostas dende hoxe e ata o próximo 9 de xuño no Concello de A Guarda
   
As fotografías están expostas na Casa do Concello de A Guarda
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A iniciativa “Le na Guarda”, promovida polo Departamento de Cultura do Concello de A Guarda, ponse en marcha por primeira vez coa idea de motivar á xuventude á lectura, non só na casa, o colexio ou a biblioteca, senón tamén nos fermosos espazos naturais que nos ofrece a Vila.  


 Por iso, e dentro do mes de maio, no que se celebran as Letras Galegas, esta idea anima ás rapazas e rapaces a fotografarse nun recuncho da Guarda, lendo un libro en galego. Desta maneira, promóvese a lectura en galego e o descubrimento de novos lugares onde desfrutar un bo libro. O Colexio San Xosé-Hermanas Carmelitas da Guarda participou nesta Campaña cunhas fotografías que están expostas dende hoxe e ata o próximo 9 de xuño no Concello de A Guarda.

1 comentario:

Anónimo dixo...

¡¡Que bonito!! anima a os nenos a leer, e a concelleira de cultura non lee nin os escritos que entran en concurso como fixo con "Relatos Breves". Hay que Predicar co exemplo.