24 de maio de 2017

A GUARDA

A COMUNIDADE DE MONTES EN MÁN COMÚN DA PARROQUIA DE A GUARDA ANIMA O COMERCIO LOCAL E OS VECIÑOS, A ENGALANAR OS BALCÓNS E ESCAPARATES

En apoio o Mecalia-Atlético Guardés de Balonmán División de Honra Feminina 


Xogadoras, técnicos e presidente do Mecalia-Atlético Guardés de Balonmán DHF
Foto: Santiago Baz Lomba

Infogauda / A Guarda

 A Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da Parroquia de A Guarda ven de facer pública a seguinte nota de prensa:  

 Esta Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da Parroquia de A Guarda, acordou, que mañá xoves, como se fai nas grandes celebracións, especialmente nas Festas do Monte, facer o izado da Bandeira de A Guarda no Pico do Facho, como unha maneira máis de animar e apoiar ao MECALIA-ATLÉTICO GUARDÉS FEMININO, que está as portas de lograr o maior éxito no momento en que está a cumplir os 50 primeiros anos de existencia.  

 Que o sábado a tarde/noite, o título de Campioas da Liga Española de Balonmán Feminino se escriba co nome de A Guarda.  

 Queremos animar ao comercio local e os veciños/as en particular para engalanen os seus balcóns ou escaparates con camisetas e bandeiras do Clube ou da localidade, para crear un ambiente festivo polos éxitos acadados polo equipo, e manifestar o que tanto dí o Presidente como a súa Xunta Directiva, o igoal que os Peña “O Inferno”, que “pase o que pase, elas son as nosas CAMPIOAS”.  

 A Guarda, a vintecuatro de maio do dous mil dozasete.     

Celso R. Fariñas   
Secretario

Ningún comentario:

Publicar un comentario