20 de abr. de 2017

TUI

O BNG-AA LEVA ADIANTE UNHA RECOLLIDA DE SINATURAS PARA QUE O NOVO CENTRO DE SAÚDE LEVE O NOME "DOUTOR ALEJO DIZ JURADO"





BNG-AA / Tui

 O doutor Alejo Diz Jurado foi un destacado médico de cabeceira. A súa laboura profesional levouna a cabo en Tui onde tamén mantivo unha comprometida actividade política chegando a ser  alcalde entre 1918 até 1922.  

 Nos anos trinta, un proxecto nacional levouno a Dinamarca para realizar unha investigación sobre o seguro de enfermidade que posteriormente defendeu xerando un amplo debate na clase  médica. 

 Fundou e dirixiu o  semanario político satírico La Tetera, no que asinaba co pseudónimo Criticón B.   

 Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado o 13 de outubro  en Vigo, en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Fusilárono o 30 do mesmo mes, xunto á Alameda de Tui con Darío Álvarez Limeses.  

 Así pois, desde o BNG-AA  estamos a levar adiante unha recollida de sinaturas para que o novo centro de saúde de Tui leve o nome do doutor Alejo Diz Jurado, coñecido popularmente como  o médico dos pobres. Polo que facemos un chamamento a todas as veciñas e veciños que concordan con esta proposta a participar asinando  a petición que as nosas compañeiras están a levar polas rúas de Tui, comezando este sábado e domingo na praza da Inmaculada, máis información en bngtui@bng-galiza.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario