1 de abr. de 2017

PEITIEIROS (GONDOMAR)

III Serán de Peitieiros. Homenaxe ás pandeireteiras 

Este domingo 2 de abril a partir das 17:00 h. no Adro de Peitieiros


Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros

 O Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros (Gondomar), organiza o III Serán de Homenaxe ás Pandereteiras este domingo 2 de abril a partir das 17:00 h. no Adro de Peitieiros.   

 O motivo que levou, xa no ano 2015, ao CCV de Peitieiros a organizar este serán foi o de conmemorar o día internacional das mulleres cunha actividade festiva. Por iso se converteu nunha homenaxe ás pandeireteiras, simbolizando nelas a importancia do papel da muller na transmisión da nosa música en particular e da nosa cultura en xeral, visibilizándoas e dándolles o protagonismo que merecen.   

 Para o seu desenvolvemento contamos coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar e da Comisión de Festas. O serán rematará cunha chocolatada.  

 Entre os diversosos grupos que participarán no Serán, estarán as pandeireteiras de Gargamala.   

 Hai carpa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario