12 de abr. de 2017

DEPORTES

O Concello da Guarda recibe a destacados deportistas locais   

O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, e o concelleiro de Deportes, Manuel Javier Crespo González, con Artemi Gavezou Castro - compoñente da Selección Española de Ximnasia Rítmica; medalla de prata de ximnasia rítmica nos pasados Xogos Olímpicos de Río 2016 -, acompañada por outros deportistas que, no que vai de ano, conseguiron xa logros moi salientables.
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda fixo entrega do recoñecemento como deportista destacada de 2017 a Artemi Gavezou Castro, quen por motivos de adestramento non puido acudir á X Gala do Deporte Guardés celebrada o pasado mes de marzo. 
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, dirixíndose, na compaña do concelleiro de Deportes, os deportistas os que se lles fixo o recoñecemento institucional, en presenza de varios familiares dos mesmos.

 Artemi acadou a medalla de prata de ximnasia rítmica nos pasados Xogos Olímpicos de Río 2016. Nesta recepción estivo acompañada por outros deportistas que, no que vai de ano, conseguiron xa logros moi salientables. A atleta Elsa Pena proclamouse campioa de España de relevos de dúatlon e o subcampionato de España de pista cuberta en 3000m. Álex Sierpes o campionato galego de pista cuberta en 1000m.,  acadando ademais o récord galego. En natación Iago Soler tamén estableceu a mellor marca galega en 50 metros bolboreta en piscina de 50 metros mentres que Rosalía Soler é xa campioa galega absoluta en 100 metros bolboreta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario