16 de abr. de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS CELERARÁ SESIÓN PLENARIA ORDINARIA

Este luns día 17 de abril, ás 20:00 h.

Camposancos no colo da aba do Monte Santa Trega (A Guarda), frente a Caminha (Portugal), río Miño por medio
Foto: Infogauda

Infogauda / Camposancos

 Por orde do presidente da Entidade Local Menor de Camposancos, Rafael Álvarez Martínez; o secretario da Entidade, Fernando Coello Vicente, ven de convocar as vogais María Luz Alonso Carrero, Elena Cadilla Domínguez, María Jesús Martínez Martínez e María Mercedes Martínez Vázquez, a sesión ordinaria da Xunta Veciñal de Camposancos, que terá lugar o luns día 17 de abril, ás 20:00 h., na Casa da Entidade Local Menor de Camposancos (Praza de San Amaro, nº 1 - Camposancos).

 Na orde do día da devandita sesión, figuran os seguintes puntos:
1º.- Lectura e aprobación da acta do pleno ordinario do día 28/11/2016 e do pleno extraordinario do día 28/12/2016.
2º.- Dar conta dos decretos dende o pleno anterior ata o 07 de abril de 2017.
3º.- Proposta da Alcaldía para aprobar o expediente de crédito extraxudicial 1/2017.
4º.- Información aos vogais da rendición ó Ministerio de Hacienda da execución do cuarto trimestre do orzamento 2016 a 31.12.2016.
5º.- Dación  da conta da liquidación do orzamento do exercicio 2016.
6º.- Información aos vogais da rendición ó Ministerio de Hacienda da liquidación do orzamento de 2016.
7º.- Información aos vogais da rendición ó Ministerio de Hacienda do Plan-Económico Financieiro da Entidade para o exercicio 2016.
8º.- Información aos vogais da rendición ó Ministerio de Hacienda do orzamento prorrogado para 2017.
9º.- Proposta da Alcaldía para o rexistro dos terrenos propiedade da Entidade.
10º.- Información de Presidencia.
11º.- Rogos e preguntas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario