10 de abr. de 2017

A GUARDA

CELSO R. FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA, RELÉMBRALLE AO ALCALDE QUE SE DEBEN TOMAR MEDIDAS SERIAS E ESPECÍFICAS

Para seguir mantendo a atracción dos visitantes o Monte Santa Trega

Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O concelleiro de Converxencia Galega, no Concello de A Guarda, Celso R. Fariñas, ven de facer público seu posicionamento sobor do acceso o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, e o que considera necesario aplicar nese enclave, un dos lugares turísticos de referencia, non soio de Galicia, senón de todo o Noroeste peninsular, e faino do seguinte xeito:

¿ESQUECERON AS BARREIRAS ARQUITECTONICAS?    

 Diante da “polémica” aberta polo Partido Popular e o PSOE, ou o Equipo de Goberno Municipal, respecto a “desaparición” da caseta de información turística no cumio do Monte Santa Trega,  hai temas que se están deixando de lado como si non tiveran interés. Primeiro unha pregunta, pode o Sr. Alcalde co séu cargo ou unha función de Presidente do Padroado Municipal, regalar un ben público a unha asociación? Quen está disfrutando da caseta “anti-estética que estaba instalada no monte?  ¿pode cederse sen máis? ¿Qué criterios se tiveron en conta para facerlo?   

 O anterior é unha anécdota, pero tamén unha realidade de maneira de actuar, o principal, non é  si existe a Oficina de Información Turística no lugar de sempre, senón como acceden as instalación do Museo para recoller información as persoas maiores ou con problemas de mobilidade, tal e como están as escaleiras, ¡¡¡IMPOSIBLE!!! Tal e como xa denunciábamos no noso escrito R/E nº 3873 do 15 de xuño do 2016. Pero ademais, si é certo que o persoal que traballa no Museo ten unha función que é diferente a de que lles corresponde ao persoal de información turística, e diso si se queixan quenes nos visitan.  

 Tamén é verdade, que, gracias as persoas que traballan nos diversos negocios instalados na cima do monte, os visitantes reciben información que na situación actual non é facilitada por persoal contratado polo Concello e/ou o Padroado, porque non poden acceder a eles, nin teñen información estática a donde dirixirse.  

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, consideramos que se deben tomar medidas serias e ESPECÍFICAS para seguir mantendo a atracción dos visitantes o Monte Santa Trega, e non caer en guerras de “ti máis”  e seguir no inmovilismo. Non é de recibo que agora saia o Sr. Alcalde e Presidente do Padroado cun feixe de explicacións, de QR, internet e outras tecnoloxías, pero o acceso o Museo é o que é, ¡¡¡imposible de acceder para persoas con mobilidade reducida!!!    

A Guarda, 10 de abril  de 2.017
      
Celso R. Fariñas            
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA     



Sr. Alcalde-Presidente 
PADROADO MUNICIPAL MONTE DE SANTA TREGA 
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario