CELSO R. FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA DENUNCIA Á DEIXADEZ E ABANDONO DOS BENS MUNICIPAIS
Pón como exemplo o parque biosaudable instalado no exterior do Centro Cultural
A imaxes reflicten o estado no que se atopan os aparellos do parque biosaudable existente no exterior do Centro Cultural de A Guarda
Reportaxe fotográfica: Converxencia Galega / A Guarda
Infogauda / A Guarda
Dirixida o alcalde, e adxuntando unha reportaxe fotográfica, o concelleiro de Converxencia Galega, Celso R. Fariñas, ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, a seguinte interpelación:
PARQUE BIO-SALUDABLE INSTALADO NO CENTRO CULTURAL REFLEXO DA DEIXADEZ E ABANDONO DOS BENS MUNICIPAIS
Despois de que cando se instalaron, se fartaron de falar da gran inversión que habían realizado, as ventaxas que tiña para a saúde e outros moitos discursos, o final do percorrido, é que a falta de mantenemento, viu a provocar que sexan unha decoración do que poido ser e non foi para as persoas que habitan nesta zona e soio teñen como alternativa o camiñar, dado que tódolos aparellos alí colocados, están sendo comidos polo óxido, diante da falta de mantenemento, que se convirten nun punto de risco si alguén se atrave a pasear a veira delas con algunha criatura, que o primer distraimento pode cortarse e provocar algunha lesión.
Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, e por elo, como demostración de que todo canto afirmamos é certo e comprobable, dende CONVERXENCIA GALEGA, consideramos que estas imaxes, poden incorporarse o conxunto da situación do Centro Cultural e arredores, e que se poderían trasladar a calquer punto do noso pobo donde exista un parque infantil, para que se chegue a mesma conclusión, o noso pobo está abandonado polos catro costados e o proxecto do partido que sustenta ao Equipo de Goberno, esgotado e sen ningún interés por darlle alegrías a este pobo, puxando para lévalo adiante e engrandecelo, senón con grandes discursos ocos e cunha fanfarria nos medios de comunicación, desaproveitando as oportunidades para que exista futuro para os que veñen detrás.
Solicitamos, que de maneira urxente proceda a levar a cabo os arranxos pertinentes naqueles aparellos que ainda se podan poner a funcionar e se retiren os que quedaron convertidos en chatarra pola deixadez e abandono municipal.
A Guarda, a 10 de abril do 2.017
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Sr. Alcalde-Presidente
CONCELLO DE A GUARDA










¿solo ese parque está abandonado? ¿y las baldosas "movibles" de las aceras? ¿y las arquetas sin tapa? ¿y los yerbajos que hay por todas partes? ¿y los anclajes de antiguas señales indicativas? ¿y los pozos que hay en aceras y carreteras que se llenan de agua cuando llueve y si no te duchas tú porque los pisas lo hacen los coches con el chafariz que montan cuando pasan? etc..etc...La dejadez y el abandono son totales en la mayoría de las cosas de disfrute público.
ResponderEliminar