ÚLTIMA FIN DE SEMANA DA RUTA DO PINCHO
DA LAMPREA DO MIÑO NA GUARDA
Este sábado 8 e o domingo 9 de abril son as derradeiras
datas para degustar a lamprea en formato pincho a un prezo único de 2 €
Lamprea do río Miño, preparada o estilo bordalesa
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Despois
do primeiro fin de semana o viveirista e os restaurantes e bares que participan
na Ruta do Pincho da Lamprea do Miño mostraron a súa satisfacción e afirman que
a lamprea é un produto moi valorado na Guarda e entorno. Inclusive que grazas a
esta ruta as novas xeracións comezan a probar este peixe grazas as diferentes
elaboracións que ofrecen os establecementos participantes.
Polo
tanto, esta campaña gastronómica continúa esta fin de semana dando a coñecer
este valorado peixe en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 19.00 a 20.30 horas.
Ademais
de degustar a lamprea os participantes serán os responsables de escoller o
establecemento no Concurso do Mellor Pincho da Lamprea do Miño xa que
puntúan cada pincho mediante unha papeleta que cumprimentan e depositan nas
urnas dispoñibles en cada establecemento.
Para
premiar a fidelidade dos participantes haberá un sorteo entre todas as
papeletas depositadas nas urnas. O sorteo dos agasallos realizarase o
mércores 19 de abril :
·
1º Unha
caixa de 3 botellas de viño Albariño da Adega Rectoral do Umia.
·
2º Unha
caixa de 3 botellas de viño Mencía da
Adega Rectoral de Amandi.
·
3º Unha
caixa de 3 botellas de viño Ribeiro da Adega Alanís.
Organiza:
Viveirista e pescadores do Miño da Guarda
Patrocina:
Concello da Guarda
Participan
8 restaurantes e bares da Guarda:
· AS POZAS
· BITADORNA
· BRÉTEMA
· BRISAMAR
· RESTAURANTE CAMPING SANTA TECLA
· JAMONERÍA
ANABEL
· MARBELLA
· XEITO

Ningún comentario:
Publicar un comentario