A Semana Santa arranca na Guarda cun fin de semana
repleto de oferta cultural e turística
Infogauda / A Guarda
Para esta primeira fin de semana da Semana Santa o tempo
de ocio na Guarda esconde un montón de oportunidades que abarcan dende o
turismo, a ampla oferta museística, a literatura, procesións e o inicio das
Festas no barrio de Buxán.
Dende o xoves, na Bibioteca Municipal pódense recoller
as mochilas viaxeiras que estarán a disposición dos usuarios ata o mércores.
Estas mochilas conteñen unha variedade de títulos que os lectores poderán ler
durante un mes. Recordamos que, tamén na Biblioteca, continua aberto o prazo
para presentar os traballos do Certame de microrrelatos, que se aceptarán ata o
vindeiro martes 18 de abril.
No Barrio de Buxán, o sábado 8 arrancan as tradicionais
Festas da Pascua, co Blessed Festival Buxán que ofrecerán música cun
interesante cartel de Djs na Praza de Buxán dende as 23.00h.
No eido relixioso destacan a procesión do Venres de Dor,
que partiu ás 21h. da Igrexa parroquial acompañada pola Banda de Música da Agrupación Musical da
Guarda e o Domingo de Ramos coa tradicional bendición de Ramos e Palmas ás 11h.
diante da Igrexa de San Benito.
No gastronómico, os guardeses e visitantes poderán gozar
novamente da Ruta da Lamprea, que ofrece diferentes propostas para degustar
este apreciado manxar, en formato de tapa a 2€. Os establecementos adheridos
son: As Pozas, Bitadorna, Brétema, Brisamar, Camping Santa Tecla, Jamonería
Anabel, Marbella e O Xeito.
Complétanse todas estas actividades cunha ampla oferta
turístico cultural que incorpora visitas
guiadas no Monte Santa Trega e no casco histórico, e a posibilidade de visitar á
Rede de Museos na que se integran o Museo do Monte Santa Trega, o Centro de
Interpretación do Castelo de Santa Cruz e o Museo do mar. Podense consultar os
horarios e puntos de encontro no folleto
informativo adxunto.
E por último recordar que o ferri retoma a súa actividade
o sábado 8 de abril no seu horario habitual.




Ningún comentario:
Publicar un comentario