21 de abr. de 2017

A GUARDA

O alumnado de 3º da ESO do IES A Sangriña realiza un mural-grafitti de benvida á Guarda    

Antonio Lomba Baz apoiou persoalmente os participantes na actividade
Fotos: C.A.G. 

Infogauda / A Guarda

 Os alumnos e alumnas da clase de 3º da ESO do Instituto A Sangriña están traballando na realización dun mural situado xunto a Alameda, na Rúa Galicia, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e a Concelleira de Turismo, María Montserrat Magallanes Álvarez achegáronse onte xoves pola mañá ata o lugar.  

 Esta actividade forma parte de Urban Art Project, un proxecto interdisciplinar da Sección Bilingüe de 3º da ESO do IES A Sangriña, coordinado polos profesores Beatriz Núñez (Plástica), Alfredo Garrido (Música) e Rosana Moreira (Inglés) e que ten como obxectivo implicar á xuventude na vida económico-social da súa vila a través da arte.  

O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz tamén colabourou na realización do mural 

 Este proxecto comprende a elaboración dun mural-grafitti de benvida á Guarda e un video promocional da localidade destinada ao turismo estranxeiro, para o cal o centro conta coa axuda de Brais Martínez Villa. O resultado final, ese vídeo que se está a realizar, estará colgado na web do concello e de Turismo da Guarda.  

 A iniciativa, organizada dende o propio centro educativo en colaboración co Concello da Guarda, supón unha oportunidade para que o alumnado participe nun interesante proxecto multidisciplinar que ademais axuda a poñer en valor a riqueza da Guarda e a implicación da súa comunidade educativa.

1 comentario:

  1. Se en vez de enredar cos rapaces a pintar paredes limpara as herbas que hay por todas as rúas da Guarda, a imaxe da nosa vila sería moito mais interesante e non terían que tacharnos de "pobo abandoado", que é en realidade o que é en canto a limpeza se refire.

    ResponderEliminar