21 de abr. de 2017

A GUARDA

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE A GUARDA INFORMA DOS SEUS PROXECTOS NO MONTE SANTA TREGA

Vista parcial do Poboado Calvo, no xacemento galaico-romano do Monte Santa Trega (A Guarda)
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Mediante unha nota de prensa remesada á Redacción deste xornal dixital, suscrita por Celso R. Fariñas, Secretario da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de A Guarda, a devandita Comunidade de Montes fai públicá á seguinte información:

 Esta Comunidade, quer facer de coñecemento público e de información xeral a todolos/as veciños/as, que nestes días se déu inicio a un proceso de corta na parte lindeira ca zona do poboado castrexo, na que se vai a erradicar totalmente da masa arbórea de acacia e eucalipto nese espazo, co fin de, por unha banda, potenciar o valor paisaxístico, para que os visitantes vexan A Guarda, especialmente a área portuaria, e sirva como atractivo para que baixen a coñecela, e por outra, que este Monumento Nacional, mellore a súa calidade de conservación, dado que é nosa intención que o lugar quede como espazo de pastoreo, facendo un cercado natural, donde introduciremos cabras para que de xeito ecolóxico se faga o mantenemento e se evite que se podan reproducir as xiastas e demais brotes de calquer especie invasora, en un período de tres/catro anos, poder replantar nese lugar, arboreda baixa autóctona.

 Por outra banda, por en marcha o proceso para cumplir cas ordenanzas e normativas sinaladas pola Administración Autonómica nas zonas B.I.C., para que nun prazo non superior a TRES (3) ANOS, nas zonas comunais, non se manteña eucaliptos, e as repoboacións se fagan con plantas e  árbores autóctonas.

 Asimesmo, temos en programación, continuar ca transformación do Monte Santa Trega en xeral,  dentro dun gran parque ou espazo de atracción de visitantes, no que ofrecer distintos espacios de ocio, lecer e de atracción e referencia para que ano a ano, se vaia incrementando as persoas que dende distintos lugares acuden a este polo de atracción turística do sur de Galicia, e o mesmo tempo para que os/as nosos/as veciños/as poidan disfrutar dun gran lugar de espacimento en contacto ca natureza.

 A Guarda, a vinteun de abril do dous mil dozasete.

   
Celso R. Fariñas
Secretario 

Ningún comentario:

Publicar un comentario