TURISMO
A GUARDA CELEBRA A SEMANA
SANTA CON VISITAS GUIADAS E PROCESIÓNS
O completo programa e o bo tempo
permite que veciños, visitantes e turistas gocen da Semana Santa na Guarda.
Este ano destaca a oferta de visitas guiadas para achegar a historia e o
patrimonio aos interesados
Infogauda / A Guarda
A Oficina de Turismo do Concello de A Guarda, ven de informar que para atender as consultas habilitouse
un punto de información turística no MASAT, Museo Arqueolóxico do Monte Santa
Trega, do martes 11 ao sábado 15 de abril de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00h.
Para calquera dúbida tamén pódese contactar no teléfono 986 61 45 46.
Visitantes no interior do recinto fortificado de Santa Cruz
Foto: C.A.G.
Como novidade esta Semana Santa
ofrécense visitas guiadas polo casco antigo e a Fortaleza de Santa Cruz que
permiten coñecer a historia da Guarda a través do patrimonio percorrendo as
rúas e prazas do casco histórico incluíndo a Fortaleza de Santa Cruz. Estas
visitas comezaron o sábado pasado e realizaranse diariamente ata o sábado 15 de
abril cunha duración de 90 minutos. Punto de comezo: porto da Guarda
(diante da Igrexa de San Bieito).
Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega
Foto: Infogauda
Ademais como
cada ano realizaranse visitas guiadas ao Monte Santa Trega de 30 minutos
de duración. Con motivo do centenario do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega
realizaranse visitas guiadas ao MASAT nas que se amosarán as pezas
expostas no museo e que foron atopadas durante as escavacións do castro. De
martes 11 a sábado 15: ás 12.00h, 13.00h e 17:00h e o punto de comezo: entrada
do Museo.
Sen esquecer as
habituais visitas ao Castro do Monte Santa Trega. De xoves 13 ao sábado 15: ás
11.00 – 12.00 – 13.00 / 16.00 – 17.00 – 18.00. O punto de comezo é a explanada
da casa Forestal, a casa en pedra que se atopa despois de cruzar a zona
escavada do castro.
As
visitas guiadas son gratuítas e poden participar os interesados en descubrir o
patrimonio e historia do Monte Santa Trega e do casco urbano. Para asistir as
visitas non é preciso inscrición previa tan presentarse á hora de comezo no
punto de encontro.
En canto aos horarios da Rede de Museos da Guarda:
· MASAT - MUSEO ARQUEOLÓXICO DE SANTA TREGA. 10:00 – 20:00
(Excepto luns).
· MUSEO DO
MAR - ATALAIA. De xoves a domingo:
11:00 – 14:00 / 16:00 – 19:00
· FORTALEZA DE
SANTA CRUZ como espazo público: 10:00
– 21:00
·CENTRO DE
INTERPRETACIÓN DAS FORTALEZAS DO MIÑO. De xoves a domingo: 11:00 – 14:00 / 16:00 – 19:00
O ferry de A Guarda – Caminha xa
comezou a traballar o pasado sábado 8 de abril co seu horario habitual.
En canto aos actos
relixiosos máis destacados son as procesións. O Xoves Santo destaca a Procesión dos pasos ás 20.30h e o Venres Santo ás 11.00h
Procesión do Santo Encontro, e ás 20.30 a Procesión do Santo Enterro.
A Semana Santa da Guarda pecha coas Festas da Pascua de Buxán. O sábado 15 destacan os concorridos xogos populares ás 16.00h., e a verbena a partir das 23.00 h.
O domingo 16 reservase a mañá para zorzada e polbo á feira e amenizada polo grupo Airiños do Folón. Para a tarde a festa do biscoito ás 16.00h e ás 19.30h o broche ás festas será a cargo da actuación do Grupo Abóbriga.
Máis info en www.turismoaguarda.es ou no Facebook
Turismo A Guarda





Ningún comentario:
Publicar un comentario