O Concello de A Guarda emite un bando solicitando a colaboración da cidadanía
Para manter en boas condicións as fincas e terreos
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda emitiu un bando recordando á cidadanía as obrigas que os propietarios de terreos, fincas e leiras teñen sobre a limpeza e o mantemento das mesmas.
Así, lémbrase que de acordo aos requerimentos da lexislación vixente deben, entre outras cousas, manter unhas óptimas condicións de seguridade, salubridade e accesibilidade antes do 30 de xuño de cada ano.
Dende o Concello faise unha chamada á colaboración de veciños neste tema, xa que é especialmente importante de cara á defensa e prevención de incendios coa chegada do tempo máis seco e das altas temperaturas. Manter a Guarda limpa e segura é cousa de todos.
Señor alcalde: "manter a Guarda limpa é cousa de todos"...... entón.... ¿porqué as aceras, as tén vostede cheas de buracos, baldosas soltas, socavóns,erbas etc etc?¿e qué hay dos camiños secundarios que teñen todo tipo de lixo?, Aplíquese o conto e predique co exemplo Sr, alcalde.
ResponderEliminar