CIG - Saúde cuestiona a Medalla de Vigués distinguido a José Silveira Cañizares
Diante da entrega da Medalla de Vigués
distinguido a José Silveira Cañizares, propietario do Hospital POVISA, dende a CIG-Saúde manifestamos
que non entendemos como pode ser obxecto de tal distinción un empresario que:
· Ten despedido de máis de 80 traballadoras/es
desde o ano 2009.
· Ten
reducido a xornada a 35 horas a todo o Colectivo e Auxiliares de
hospitalización, limpadoras, celadores, administrativos,…
· Ten os salarios
conxelados dende o 2011.
· Ten aumentado a carga de traballo e quendas
penosas especialmente no colectivo de Auxiliares (TECAES).
· Ten subcontratado o Servizo de limpeza tralo
despedimento de 27 Limpadoras.
· Ten empeorado as Condicións Laborais,
incrementando a Precariedade Laboral.
E todo isto
mentres o Consello de Administración do Hospital POVISA, segundo os datos
recollidos do Rexistro Mercantil, subiuse o salario no ano 2010 o 74.91%, no
2012 o 13.02%, no 2013 o 0.37% e no 2015 o 10.75% .
Que lle debe a
cidadanía de Vigo para concederlle tal distinción?
Desde CIG-Saúde consideramos que hipotecar o
desenvolvemento da Sanidade Pública da nosa área sanitaria, precarizando as
condicións de traballo das súas traballadoras/es non debería ser obxecto de
ningunha distinción.
Vigo, 24 de
marzo de 2017
Manuel
González Moreira,
Secretario
Comarcal de CIG-Saúde
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario