A Deputación de Pontevedra crea un novo programa de mantenemento dos campos de fútbol da provincia
O Goberno de Carmela Silva cederá nova maquinaria e persoal aos concellos para tratar os campos de herba sintética, que ata agora non tiñan ningún tipo de mantenemento
A Deputación de Pontevedra impulsa un programa de mantemento dos campos de fútbol de herba natural e sintética de toda a provincia
Foto: D.P.
Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra impulsa un programa de mantemento dos campos de fútbol de herba natural e sintética de toda a provincia coa cesión aos concellos da maquinaria e o persoal necesario para os traballos a desenvolver. Este programa, que contemplase no Plan Estratéxico de Deporte da Deputación, garante así a recuperación destes espazos que, en moitos casos, presentan un estado de conservación deplorable pola falla de previsión do seu mantemento.
A novidade e que por primeira vez atenderanse as peticións para os campos de herba artificial que ata agora non estaban contemplados na colaboración da Deputación cos concellos. Así o goberno provincial de Carmela Silva pon en marcha esta liña de actuación xa que moitos municipios estaban a adicar recursos do Plan Concellos para a substitución da cuberta de herba, incluso sen que concluíra o seu período de vida útil polo escaso mantemento.
Con este programa, dotado dos medios materiais (tractor e apeiro subsolador-varredor) nos campos de herba artificial poderán realizarse labores de limpeza e retirada de elementos non desexados, descompactación do céspede e/ou da carga para que non perda calidades de amortecemento, cepillado da cuberta artificial para evitar a perda de elasticidade e rozamento e medios para a reposición de area e caucho. No caso de campos de herba natural póñense á disposición dos concellos maquinaria e persoal para o seu escarificado, picado e sementeira.
A Deputación pon en marcha este plan de mantemento para o cal os concellos deberán solicitar a maquinaria e o persoal cualificado mediante unha instancia dirixida a institución. Vanse a atender por rigorosa orde de rexistro.
Os concellos, nunha colaboración proactiva coa institución provincial, deberán proporcionar o caucho ou área para a receba co obxectivo de mellorar as condicións da cuberta do campo artificial. Deberán tamén realizar a limpeza das quenllas perimétricas de drenaxe do campo e a revisión das xuntas da moqueta artificial que deberán ser realizado por persoal municipal. Nos campos de herba natural os concellos deberán aportar a semente se esta fose necesaria para cubrir zonas despexadas.
A totalidade das solicitudes serán avaliadas polo servizo de Medio Ambiente da Deputación que elaborará un calendario de actuacións nos campos de fútbol de aqueles concellos que o soliciten.
Ningún comentario:
Publicar un comentario