SOCIEDADE
UNHA REPRESENTACIÓN DOS VECIÑOS DE PEDORNES E DE MAVIA, PARTICIPARÁN NO PROGRAMA "GRANDES LUGARES", DA TVG
Os programas serán emitidos os domingos días 2 e 9 de abril, ás 23.30 h
Infogauda / Oia
Pola calidade humana dos seus veciños, polo engado da paisaxe, entre outras moitas razóns, Pedornes e Mavia, pertencentes o concello pontevedres de Oia, son, entre outros, dous fermosos exemplos de "Grandes Lugares". E de acordo coas previsions, se nada o impide, teremos oportunidade de constatalo, unha vez máis, os vindeiros días 2 e 9 de abril, ás 23:30 h., no programa "Grandes Lugares", da primeira canle da televisión autonómica de Galicia.
Será, con toda certeza, un magnífico xeito de coñecer, se cadra, de un xeito diferente, como é o día a día dos veciños das persoas que viven, uns de cara o mar, e outras cáseque bicando o ceo, en dúas boas mostras da beleza natural de un municipio que ten nas súas xentes, traballadoras e honradas a carta cabal, seu maior tesouro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario